Imprimir

PRESENTADO O ÚLTIMO NÚMERO DA REVISTA XISTRAL


14/9/2010

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presidiu esta tarde a presentación do último número de Xistral, a revista lucense de creación poética, nun acto que se celebrou no salón de sesións do Concello.

O número 13 desta publicación poética que publica a Concellería de Cultura contén poemas de 52 poetas, entre eles Helena Villar Janeiro, Claudio Rodríguez Fer, Luz Pozo Garza, e conta con ilustracións de Guerreiro.

O coordinador da revista, Camilo Gómez Torres, salientou na presentación que neste número inclúense homenaxes á cidade de Lugo, ó Río Miño, a Novoneyra, Rosalía de Castro e ás mulleres.