Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O concurso "Un slogan para Lugo10" recibe unha estupenda acollida


# Mércores, 15/09/2010
* Un día despois de dar comezo o concurso, xa son preto de 50 as propostas feitas polos usuarios a través das redes sociais
* Poderá participarse ata as 23.59 horas de mañá, día 16 de setembro


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O gañador darase a coñecer o luns día 20 de setembro e será seleccionado polos patrocinadores e colaboradores de Lugo10

Os dez finalistas recibirán unha botella de Coca cola conmemorativa e unha camiseta de Lugo10

O premio para o slogan gañador será unha fabulosa cea para dúas persoas na Tapería do Mesón de Alberto



Porque nos gusta Lugo, porque hai que celebrar estes dez anos do nomeamento da Muralla como Patrimonio Mundial. Porque estamos orgullarrobas da nosa terra, da nosa cultura, do noso patrimonio, da nosa gastronomía e a nosa forma de ser. Porque somos unha cidade 10. Queremos encontrar entre todos o mellor slogan para Lugo 10. Un slogan que se difundirá rapidamente entre todas e todos e que representará todo un emblema para Lugo. Valoraremos a creatividade e a orixinalidade.

Por iso organizamos un concurso con todos os nosos amigos en Facebook, Twitter e redes sociais no que hai en xogo estupendos regalos e sobre todo, o prestixio de ser o creador dun slogan que levaremos por bandeira. O único que tes que facer é ler as bases con atención e deixar un comentario coa túa proposta de slogan para Lugo 10.

BASES:
As propostas de slogan unicamente se deixarán nos comentarios desta entrada en Facebook. Só será válida unha proposta/frase por usuario rexistrado. O slogan debe incluír a expresión "Lugo 10" e non debe ser maior a 140 caracteres (un sms). A organización resérvase o dereito a eliminar aquelas propostas que sexan ofensivas ou non se acollan aos valores promovidos polo concurso.

Dende o mesmo inicio do período de propostas, os usuarios poderán valorar as propostas do resto de usuarios, incluída a súa propia, a través do enlace “gústame" situado xunto a cada unha delas. Ao finalizar o período de propostas, a organización seleccionará aquelas dez que recibiron un maior número de votos (“Gústame") por parte dos usuarios. Eses 10 finalistas recibirán como premio unha botella de Coca Cola edición especial Muralla de Lugo e unha camiseta de Lugo 10. Tras a publicación dos dez finalistas, os patrocinadores (Concello de Lugo, Deputación de Lugo, Gestagua, Telefónica, URBASER, Calfensa, Laboratorios Nupel, Gerente EMETEL, Cociñas Lareira, Transportes Valín e Hijos, Fundación Azkar, Asogal Construcciones, Monbus),e colaboradores de Lugo 10 (ONCE Galicia, BEGANO, DO Ribeira Sacra, MOD Producciones), serán os encargados de seleccionar o slogan gañador do concurso que faremos público na nosa páxina de Facebook http://facebook.com/Lugo10

Poden participar todos os usuarios e usuarias asociados á páxina de Lugo 10 en Facebook e a canle de Lugo 10 en Twitter.

Calendario:

Do 14 ao 16 de setembro. Período de propostas e votacións dun slogan para Lugo 10. Durante estas datas os usuarios poderán realizar as súas propostas e votar ao mesmo tempo as que máis lles gusten.

17 de setembro: anuncio dos 10 finalistas e comezo dun novo período de votacións, unicamente por parte dos Patrocinadores, que finalizará o 19 de setembro. Xunto á publicación destes dez finalistas, tamén publicaremos o agasallo que obterá o gañador.

20 de setembro: anuncio do gañador.

A organización resérvase o dereito de ampliar ou recortar estes prazos en función do desenvolvemento do concurso. A organización tamén se reserva o dereito a utilizar este slogan en cantas comunicacións públicas faga acerca deste concurso ou calquera outra acción en torno a Lugo 10.

Moita sorte a todarrobas!

www.lugo10.es





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova