Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e a Fundación TIC e o Concello de Lugo promocionan a Muralla cun curso de curtametraxes sobre o Monumento


# Mércores, 15/09/2010
Diríxese a mozos de 14 a 30 anos e forma parte da programación de Lugo10

A inscrición poderá realizarse ata o 18 de outubro, chamando telefono 982 297 496, ó servizo 010 ou dirixíndose á Oficina de Información Xuvenil municipal

O Concello e a Deputación, a través da Fundación TIC, promocionarán a Muralla cun curso de curtametraxes sobre o Monumento bimilenario dentro da programación de Lugo 10, impulsada por ambas as dúas entidades para conmemorar o décimo seu aniversario como Patrimonio da Humanidade. Deste xeito, a Fundación TIC cumpre cun dos seus principais obxectivos que é levar a cabo accións formativas dirixas ó fomento das tecnoloxías da información e da comunicación na provincia de Lugo.
 
A acción formativa, que está destinada a mozos con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, consta de 50 horas, das que 20 serán teóricas e 30 prácticas que se completarán coa gravación dunha curtametraxe. Impartirase dente o 20 de outubro ata o 3 de decembro no Centro de Produción de Programas da Fundación TIC, situado no polígono do Ceao, os mércores e os venres dende as 16:00 ás 20:30 horas.

Dispón de 20 prazas e os participantes deberán estar censados en Lugo ou no seu defecto estudar ou traballar na cidade, sendo necesario neste caso  presentar documento que o acredite.
Os interesados poderán realizar a inscrición ata o 18 de outubro, chamando ó telefono 982 297 496, ó servizo 010 do Concello de Lugo ou dirixíndose á Oficina de Información Xuvenil. Se o número de solicitantes é maior ó número de prazas realizarase un sorteo aberto ó público no Centro Social Uxío Novoneyra o 19 de outubro, ás 10:00 horas.

A Fundación TIC, aportará as instalacións, o persoal técnico e docente das distintas actividades así como todo o material técnico necesario para a  consecución da acción formativa.

A Deputación con Lugo10
Esta iniciativa súmase a outras que a Deputación está a levar a cabo en colaboración co Concello dentro Lugo 10. É o caso do primeiro Concurso Nacional de Curtametraxes e Maquetas Musicais; a primeira Pasarela Muralla Moda 2010, celebrada con grande éxito e cunha proxección a nivel de toda España; a Aula Móbil turístico-medioambiental con forma de barco pesqueiro que leva o nome Muralla de Lugo por toda a xeografía española; a campaña Lugoteando adicada á Lugo e á auga; e a exposición Agora. El Esplendor de Alejandría”, composta polos vestidos orixinais da película de Amenábar, e que se inaugurará mañá xoves.
 
Promoción da provincia
Os materiais audiovisuais poderán ser utilizados polo Concello de Lugo para campañas de difusión, sensibilización ou formación, así como material promocional da cidade. Asimesmo, a Fundación TIC tamén estimula a relación da EIS co sector empresarial mediante convenios de prácticas, bolsas e diversas colaboracións. Na actualidade, mantén relación con máis de 60 empresas nacionais e asinou unha decena de convenios con entidades sociais para difundir o seu labor sen ánimo de lucro. 

www.lugo10.es


 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova