Imprimir

ADXUDICADA A ILUMINACIÓN DE RÚAS E A PRODUCIÓN DE ESPECTÁCULOS DAS FESTAS DO SAN FROILÁN


15/9/2010 Este ano haberá alumeado en cinco rúas máis e as melloras que ofrece a adxudicataria inclúen un aforro enerxético de ata o 90%

A empresa Iluminaciones Santiaguesas, S.L. será a encargada de instalar o alumeado ornamental da cidade durante as Festas de San Froilán, que este ano se ampliará en cinco rúas. A Comisión de Festas do Concello adxudicoulle a instalación do alumeado por un presuposto de 25.000 euros.

Entre as melloras gratuítas que ofreceu a empresa figura a instalación de alumeado nas rúas de San Roque, Santiago, Recatelo, Cidade de Viveiro e Carril de Flores,
así como a ampliación do número de arcos que se instalarán nas do Progreso, San Fernando e Conde Pallares.

Ademais, todo o material utilizado será de baixo consumo, o 100% leds co que se calcula un aforro enerxético de entre o 80 e o 90%, así como unha xeneración de calor case nula.

Relación de zonas iluminadas

As zonas iluminadas serán as seguintes: Porta Hospital, Bispo Aguirre, San Pedro, San Fernando, Nova, Falsa, Santiaño, Miñá, Cárcere e Nova con cadansúa portada. Tamén se instalarán rótulos luminosos na glorieta I.Pedrosa, Avda da Coruña, Fonte dos Ranchos, San Roque e Carlos Azcárraga. Ademáis na Rúa da Raíña instalaranse 8 arcos, en Bispo Aguirre 9 arcos, en Xoán Montes 4, outros 4 na rúa do Teatro, 12 na do Progreso, 7 en San Marcos, 3 en San Fernando, 5 en San Froilán, 18 en Rúa Montevideo e Bolaño Rivadeneira, 4 en Amor Meilán, 6 en Quiroga Ballesteros, 24 na Rúa Nova, 6 en Bispo Basulto, 3 en Armayá, 4 na Rúa da Cruz, 5 na da Catedral, 3 na do Bo Xesús, 2 na do Miño, 4 en Conde Pallares, 6 na Doutor Castro, 6 na das Noreas, 3 na Rúa Dinán, 2 na de Cidade de Vigo, 2 na Avenida Doutor García Portela, 3 en Vila de Foz, 3 en Pascual Veiga, 3 na Rúa Vilalba, 3 en Clérigos, 12 na Rúa San Pedro, 10 na Praza Maior, 11 na do Campo Castelo, 4 na Praza do Ferrol, 3 na Praza do Campo, 4 en Santo Domingo, 4 na Praza da Soidade, 2 en Sanvador de Madariaga, 3 en Frei Plácido Rei Lemos, 6 en San Roque, 2 na Rúa de Santiago, 3 en Recatelo, 2 na Rúa Cidade de Viveiro, e 2 no Carril de Flores, ademais da instalación de guirnaldas no camiño das Costas do Parque e no Bancal intermedio do Parque

Produción de espectáculos

A Comisión de Festas tamén adxudicou hoxe á empresa Luzson a instalación de escenarios e a produción das festas por 136.900 euros. Instalaranse tres escenarios: na Praza de Santa María, a Horta do Seminario e o patio do Edificio administrativo do Seminario, onde terán lugar as actividades do San Froilanciño.