Cargando....
Concello de Lugo
21/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns remata o prazo para o concurso de deseño gráfico contra a violencia machista


# Xoves, 16/09/2010


A Concellería de Benestar Social e Igualdade ten aberto ata o día 20 de setembro o prazo para a presentación de orixinais ó Concurso de deseño gráfico para a prevención violencia xénero, que servirá de punto de partida para as Xornadas de sensibilización e prevención dos malos tratos previstas para novembro.

O deseño deberá centrarse nos homes e a violencia de xénero. O premio deste certame é de 600 euros e un agasallo.

Seguen abertos ademais, ata o 25 de outubro, os prazos de presentación de orixinais para o primeiro Certame fotográfico “Revelando o machismo”, dotado cun premio de 600 euros, e o primeiro Certame de narrativa xuvenil “Entre iguais”, dotado con tres premios de 300, 200 e 100 euros.

III Xornadas de prevención de drogodependencias

Benestar Social tamén organiza as III Xornadas de prevención de drogodependencias: Mediación dende o ámbito familiar, que terán lugar no Centro de Convivencia Maruja Mallo o 21 de setembro.

A inscrición, gratuíta, poderá facerse entre o 13 e o 17 de setembro a través do 010 e haberá 100 prazas.

Nestas Xornadas intervirán, entre outros, Víctor Pedreira, Xefe do servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra e Carmen Avendaño, Presidenta da Fundación Érguete.

Máis información:

- Concurso de Deseño Gráfico "A Prevención da Violencia de Xénero" (Bases en PDF)
- I Certame de Fotografía "Revelando o Machismo" (Bases en PDF)
- I Certame Narrativa Xuvenil "Entre Iguais" (Bases en PDF)
- III Xornadas Prevención Drogodependencias (Programa en PDF)




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova