Imprimir

ESTE VENRES COMEZA O PRAZO DE MATRÍCULA NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS


16/9/2010 O Concello oferta este curso 17 modalidades deportivas

Mañá venres, día 17 de setembro, abrirase o período de matriculación nas Escolas Deportivas Municipais do Concello de Lugo correspondente á temporada 2010 – 2011. O prazo de matrícula prolongarase ata o día 30 de setembro.

As escolas nas que se poden matricular son as de :

1. Baloncesto
2. Béisbol
3. Boxeo
4. Ciclismo
5. Hockei Liña e Patinaxe Feminino
6. Iniciación á Natación Sincronizada
7. Loita
8. Patinaxe
    Iniciación o Hockei Liña e Patinaxe Artística
9. Taekwondo
10. Tenis
11. Tenis de Mesa
12. Tiro con Arco
13. Triatlon
14. Ximnasia Mantemento
15. Ximnasia Rítmica

Haberá escolas de matrícula gratuíta e escolas que requirirán unha matrícula de 11,70 € a pagar en man ó facelo trámite nas Oficinas da Concellería de Deportes, situadas na Piscina Municipal de Frigsa, en horario de 09:00 a 14:00, de luns a venres. Neste caso, as mensualidades dependen de cada unha das modalidades deportivas. Oscilan entre a gratuidade de Hockei Liña e Patinaxe Feminina e os 35 € do Tiro con Arco.

As diferentes modalidades estarán impartidas por clubs deportivos, ximnasios conveniados e instrutores deportivos nas especialidades deportivas que imparte o Concello nun total de 13 instalacións deportivas diferentes.

Matrícula nas piscinas

O luns 20 de setembro comeza en Frigsa o período de matriculación dos Cursos de Natación e Deporte para Maiores cuxa inscrición rematou o pasado día 14 en cada unha das piscinas municipais.

Para esta edición 2010 – 2011 se ofertan un total de 17 modalidades deportivas (incluíndo Natación e Ximnasia para Maiores ) nas que participarán un total de 5000 persoas de todas as idades a partir de 3 anos, se ben todas aquelas persoas que desexen practicar algún deporte que non estea incorporado ás nosas escolas, poden poñerse en contacto coa Concellería de Deportes ben chamando ó 982 297423 ou no email deportes@concellodelugo.org e facilitaráselles a posibilidade de practicar o seu deporte preferido.

deportes.lugo.es