Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo10 achega ata a Capela de Santa María en exclusiva o vestiario da película Ágora, gañadora de sete premios Goya


# Xoves, 16/09/2010
Lugo, única cidade de España na que se poderá contemplar esta exposición, traída do Museo do Traxe de Madrid, e cedida gratuitamente pola produtora do filme grazas ás xestións de Lugo10

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A mostra, formada por 19 traxes orixinais, permanecerá en Lugo dende o 16 de setembro ata o 31 de outubro

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro xunto coa Vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, e a Directora de marketing e comunicación de MOD Producciones, Rosa García, inauguraron hoxe en Lugo a exposición “Ágora. O esplendor de Alexandría”, incluída dentro da programación de Lugo10, que conmemora os dez anos da Muralla como Patrimonio Mundial.

Esta será a única ocasión de contemplar esta exposición, que ven directamente dende o Museo do Traxe de Madrid, e que foi cedida gratuitamente para a súa exposición en Lugo por MOD Producciones, produtora do filme de Amenábar.

No Exipto do século IV, dominado polo Imperio Romano, as violentas revoltas relixiosas nas rúas de Alexandría alcanzan a súa lexendaria Biblioteca. Atrapada tralos seus muros, a brillante astrónoma Hipatia loita por salvar a sabedoría do Mundo Antigo coa axuda dos seus discípulos…” . Este é o punto de partida da obra de Amenábar e da exposición “Ágora. O esplendor de Alexandría”, que mostra un percorrido polo vestiario da celebre deseñadora italiana Gabriella Pescucci.

A exposición recolle unha selecta mostra dos deseños creados pola gañadora dun Oscar, Gabriella Pescucci, para a produción de Alejandro Amenábar, “Ágora”. Dezanove pezas recrean a convulsa sociedade dunha Alexandría ocupada polo Imperio Romano. Por este traballo, Pescucci acadou o Goya ao Mellor Vestiario en 2010. Os deseños están estruturados en dúas seccións. A primeira, dedicada aos deseños da protagonista, Hipatia, interpretada por Rachel Weisz; e a segunda, ás diferentes culturas e relixións que convivían na cidade de Alexandría, así poderanse ver vestimentas parabolazas, paganas e cristianas.

O traballo de Gabriella, baseado nunha profunda investigación, foi clave para a recreación do Exipto grecorromano do século IV. Unha ferramenta que ela considera fundamental á hora de crear e clave para entender a evolución das personaxes é a cor. A través dela entendemos, no só o seu estado interior, senón a pertenencia a un grupo social. Así, concibe o vestiario en tonos claros e luminosos para os personaxes de Hipatia e os paganos, inspirado no mundo grego dos filósofos, mentres que os cristiáns visten de gris, debido a represión que sofren. Coa evolución do personaxe hacia a muller máis forte, como consecuencia da dor que supón a destrución da Biblioteca, os tonos van sendo máis escuros. “Para el último vestido que llevaba Hipatia tardé semanas en decidirme, tenía cerca de doscientos tonos distintos del mismo rojo. En la escena final, cuando Hipatia está rodeada de los parabolanos, ese traje rojo en medio de la negrura del grupo, transmite una gran fuerza no física, sino de pensamiento”, dice Pescucci.

A directora de vestiario tomou coma referencias varias fontes. Dunha banda, inspirouse en elementos que aínda hoxe poden atoparse nalgunhas culturas actuais do mundo árabe e do africano. Por outro, no mundo grecorromano, fundamental para comprender o momento histórico.

HIPATIA

A protagonista da historia, Hipatia, unha muller astrónoma descrita coma un eslavón entre o vello mundo clásico e a nova era cristiana, ten un lugar destacado na exposición. Hipatia viste túnicas de diferentes cores, sempre co corte por debaixo do peito, unha constante na indumentaria feminina romana. Sen embargo, Hipatia vive nun mundo de homes - é profesora na Biblioteca de Alexandría, a última gran institución da ciencia clásica, que limitaba o acceso as mulleres como estudantes- e iso refléxase no vestiario que Gabriella creou para ela: en vez do mando que normalmente levaban as mulleres romanas, Hipatia cóbrese cunha toga masculina, unha referencia a súa capacidade para ser tratada como unha igual entre os seus compañeros, ademáis, non leva velo. Os traxes de Hipatia son o mellor exemplo do uso da cor para mostrar o estado anímico da personaxe. En palabras da autora, “Hipatia na primeira parte leva un vestiario claro, luminoso porque vive nun mundo grego de filósofos e estudantes. Despois da destrución, é máis forte e comeza a levar cores profundos porque a destrución dos libros lle supuxo unha gran dor”. No vestiario de Hipatia é interesante observar o carácter masculino da súa indumentaria, como mostra a súa toga ou a ausencia de velo. Un estilo que reflexa o carácter dunha muller Valente que intentaba vivir do mesmo xeito cós homes. De feito, aínda que a historia da filósofa permaneceu esquecida durante os dous últimos séculos, foi moi admirada nos comezos do movemento feminista.


OS CRISTIANS

Os paraboláns encarnan as forzas máis básicas do primeiro cristianismo alexandrino: coidan e asisten a enfermos e pobres, pero actúan como forza policial cando así se lles indica. Gabriella imaxinounos con vestimentas escuras, reflexo do pouco apego polos bens materiais deste grupo relixioso. A súas roupas son consistentes, de materiais recios e sinxelos en aparencia, en alusión a súa condición de xente humilde. Sen embargo, hai que destacar a complexidade da técnica coa que se realizaron. Fronte a este grupo, a indumentaria dos sacerdotes reflexa o hieratismo e esplendor que rodea a igrexa triunfante desa época. A pesar dos tonos apagados, que van do branco ao negro pasando polo marrón, que vincula a sencillez do primeiro cristianismo, a complexidade das técnicas empregadas e a impresionante presencia do resultado final fan patente a vinculación das xerarquías eclesiásticas coas clases privilexiadas da sociedade.


O MUNDO CLASICO

Aparte das xerarquías eclesiásticas e do grupo de paraboláns, o resto da sociedade alexandrina mantén as formas de vestir do mundo clásico. As diferencias sociais están moi marcadas: túnicas moi sinxelas de sobrios tecidos de lino e la, para os escravos, e luxosas togas e mantos de seda con ricos tintes, para as clases altas. Dentro deste grupo resultan especialmente interesantes os deseños para os filósofos, que, como gardiáns da cultura da Antigüidade, conservan tamén unha maior fidelidade formal co vestiario clásico.

GABRIELLA PESCUCCI

Gabriella Pescucci, directora de vestiario de grandes títulos foi gañadora dun Oscar pola película “La edad de la inocencia”, de Martin Scorsese e traballou xunto a Federico Fellini en “Ensayo de la orquesta” e “La ciudad de las mujeres”. Así mesmo, é responsable do vestiario de títulos tan significativos como “Charlie y la fábrica de chocolate”, “Las aventuras del Barón de Munchausen”, “Érase una vez en América”, ademais de “Los Miserables”, “La leyenda nunca muere”, “Más fuerte que un destino”, “La prima Bette”, “La letra escarlata”, “Indochina”, “El nombre de la rosa”, “Érase una vez en América”. Tamén deseñou o vestiario para as óperas “Norma”, “Manon Lescaut”, “Il trovatore”, “La travista”, “La bohème” e “Pagliacci”. Co vestiario da produción de Amenábar, Ágora, acadou o Goya en 2010.

MOD PRODUCCIONES

Mod Producciones é unha compañía de produción audiovisual para cine e televisión, tanto de ámbito nacional como internacional. Conta con dúas oficinas en Madrid e Barcelona, e está dirixida por Fernando Bovaira, Pablo Alfaro e Simón de Santiago, profesionais cunha longa traxectoria e recoñecido prestixio nas distintas áreas de produción audiovisual. A produtora do filme de Amenábar estreará o vindeiro día 3 de decembro a película “Biutiful”, a historia dun heroe tráxico que ante o perigo da morte loita contra unha dura realidade. A película está dirixida por Alejandro G. Iñárritu e interpretada por Javier Bardem. Mod Producciones é tamén a produtora da serie de ficción Crematorio, que se estreará proximamente en Canal +

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova