Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Breogán coa Muralla e con Lugo10


# Xoves, 16/09/2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañou esta mañá ós xogadores e directivos do Breogán que homenaxearon esta mañá á Muralla no seu décimo aniversario como Patrimonio Mundial.

O Alcalde, o Concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Díaz Grandío, e os xogadores do Breogán posaron nunha fotografía na Mosqueira, xunto co Presidente en funcións do clube, Antón Bao, nun acto organizado polo programa Lugo10.

Os deportistas botaron unha carreira, a modo de entrenamento polo adarve, no que constitúe o seu particular xeito de tributar o apoio do clube máis representativo da cidade no deporte do baloncesto ó noso monumento máis importante.

López Orozco agradeceulle ó Breogán e o seu Presidente en funcións “este xesto que tivo coa cidade”. Tamén dixo o Alcalde que “Lugo10 é así, ca participación dos cidadáns e de todos os estamentos da cidade queremos destacar a importancia que ten a nosa Muralla e lograr que sexa cada día máis conocida”.

Ademáis, o Alcalde expresou o seu desexo de que “o Breogán nos dea este ano a canasta que nos leve outra vez onde temos que estar, na ACB”. Por iso animou ós cidadáns “a facerse socios do Breogán, que acudan ós partidos e aplaudan a rabiar para que os contrarios saiban que o Breogán é un óso moi duro de roer”

www.lugo10.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova