Cargando....
Concello de Lugo
08/05/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Educación presenta a memoria do curso escolar


# Mércores, 15/09/2010
A Concellería inviste este verán 130.000 euros en arranxos dos centros escolares

Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentou hoxe a memoria do curso escolar e deu conta das numerosas actividades que levou a cabo a súa Concellería durante o último curso académico.

Vieiro tamén informou que o Concello investiu este verán 130.000 euros nos arranxos feitos nos centros escolares públicos do Concello, incluídas as dúas escolas infantís municipais. Este ano as obras fixéronse en dúas fases: a primeira desenvolveuse nos meses de xullo e agosto e tivo un orzamento de 40.000 euros e a segunda execútase durante este mes de setembro, polas tarde, fóra do horario lectivo, cun presuposto de 90.000 euros.

Segundo explicou a Concelleira de Educación, “as obras foron consensuadas cos directores dos centros que saben os cartos cos que contan e deciden en qué se van empregar tendo en conta que primeiro aténdense as avarías e os arranxos que se consideran máis importantes e despois outros traballos como a pintura”.
Vieiro tamén indicou que o reparto dos fondos faise tendo en conta o número de alumnos, a antigüidade do centro e as súas dimensións.

A Concelleira de Educación tamén manifestou que o Concello ten o propósito de abrir as dúas novas escolas infantís municipais no próximo mes de xaneiro.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova