Cargando....
Concello de Lugo
09/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

"Un slogan para Lugo10" recibe case un cento de propostas


# Venres, 17/09/2010
O concurso, celebrado a través das redes sociais acada un gran éxito de participación, con 97 propostas e 332 votos

O slogan gañador, que obterá unha cea na Tapería do Mesón de Alberto, será seleccionado polos patrocinadores de Lugo10 e anunciado vindeiro luns

Os dez sloganes seleccionados polos usuarios xa teñen unha botella conmemorativa do Décimo Aniversario e unha camiseta de Lugo10


O pasado día 14 de setembro deu comezo o concurso “Un slogan para Lugo10”, unha nova iniciativa incluída na marca Lugo10, que quere así, celebrar os dez anos da proclamación da Muralla como Patrimonio Mundial. Tan só 24 horas despois de dar comezo o concurso xa eran case medio cento as propostas dos internautas. Hoxe, rematado xa o prazo, pódese facer un balance moi positivo tanto da participación como da orixinalidade e creatividade das propostas.

Seguindo as bases do concurso, serán agora os patrocinadores e colaboradores de Lugo10 os encargados de elixir entre as propostas máis votadas o slogan gañador dunha cea na Tapería do Mesón de Alberto e que representará todo un emblema para Lugo.

As dez propostas máis votadas polos internautas son:

- Por su pasado, su presente y su futuro. Lugo10
- Lo mires por donde lo mires, Lugo10
- Lugo10: Lo que era una antigüedad ahora es de la humanidad
- Para vivir... Lugo10
- Lugo10, ¡de nota!
- Si quieres vivir una aventura y descubrir grandes tesoros adéntrate en Lugo10
- Lugo10: Eche o que hai...
- A Lugo?? Son 10.000... razones para concerla. Lugo10
- ¿Qué nota le pondrías al Paraiso? Aquí lo tienes: Lugo10
- Lugo10, una ciudad para vivir, para amar, para disfrutar
- GO 10! luGO 10!!

Finalmente as propostas seleccionadas foron 11 xa que produciuse un empate entre os votos emitidos aos dous últimos sloganes. Estes once eslóganes xa contan con premio seguro, unha botella de Coca Cola conmemorativa e unha camiseta de Lugo10.

Patrocinadores Lugo10

Agora serán eles, os patrocinadores de Lugo10, os que terán a última palabra: Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, Gestagua, Telefónica, Urbaser, Calfensa, Laboratorios Nupel, Emetel, Cociñas Lareira, Transportes Valín e Hijos, Fundación Azkar, Asogal Construcciones, Monbus, ONCE, Coca Cola e MOD Producciones.

O ganador poderá disfrutar dunha Cea na tapería do Mesón de Alberto ofrecida por Lugo10, e ademais poderá ver con orgullo a súa frase como lema de peche deste programa Lugo10. O eslógan ganador estará presente, entre outros sitios, na gala de peche deste Décimo Aniversario.

Recordamos as bases deste Concurso Lugo10:

As propostas de slogan unicamente se deixarán nos comentarios desta entrada en Facebook. Só será válida unha proposta/frase por usuario rexistrado. O slogan debe incluír a expresión "Lugo 10" e non debe ser maior a 140 caracteres (un sms). A organización resérvase o dereito a eliminar aquelas propostas que sexan ofensivas ou non se acollan aos valores promovidos polo concurso.

Dende o mesmo inicio do período de propostas, os usuarios poderán valorar as propostas do resto de usuarios, incluída a súa propia, a través do enlace “gústame" situado xunto a cada unha delas. Ao finalizar o período de propostas, a organización seleccionará aquelas dez que recibiron un maior número de votos (“Gústame") por parte dos usuarios. Eses 10 finalistas recibirán como premio unha botella de Coca Cola edición especial Muralla de Lugo e unha camiseta de Lugo 10. Tras a publicación dos dez finalistas, os patrocinadores e colaboradores de Lugo 10 (Concello de Lugo, Deputación de Lugo, Gestagua, Telefónica, Urbaser, Calfensa, Laboratorios Nupel, Gerente Emetel, Cociñas Lareira, Transportes Valín e Hijos, Fundación Azkar, Asogal Construcciones, Monbus, ONCE Galicia, Begano, MOD Producciones), serán os encargados de seleccionar o slogan gañador do concurso que faremos público na nosa páxina de Facebook http://facebook.com/Lugo10

Poden participar todos os usuarios e usuarias asociados á páxina de Lugo 10 en Facebook e a canle de Lugo 10 en Twitter.

www.lugo10.es





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova