Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns ábrese o prazo de pagamento do IBI e os Vados


# Venres, 17/09/2010


O vindeiro luns, día 20 de setembro, abrirase o período de pagamento na vía voluntaria do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e xurídica e tamén dos vados. O prazo estará aberto ata o día 22 de novembro.

O número de recibos do imposto de bens inmobles de natureza urbana é de 83.653 por un importe de 16.342.005,55 euros. Os de rústica son 12.986 por importe de 57.085,78 euros.

O incremento respecto ó ano pasado é de 1.713 recibos de urbana, o que representa un 2,09%, e de 536.493,02 euros, equivalentes a un 3,39%.

No caso da rústica o aumento é de 216 recibos, é dicir un 1,69%, e de 358,80 euros, que supón un 0,63% máis.

O ano pasado o Concello puxo ó cobro 81.940 recibos de urbana por importe de 15.805.512,53 euros e 12.770 de recibos de rústica por 56.726,98 euros.

Vados

Tocante ós vados, o número de recibos é de 3.714 por un importe de 560.499,29 euros.

O aumento foi de 100 recibos, é dicir un 2,76%, e de 16.270.88 euros, o que representa un 2,98%.

No ano 2009 puxéronse ó cobro 3.614 recibos por valor de 544.228,41 euros.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova