Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Educación abre o prazo de inscrición para participar na Escola de Xadrez


# Venres, 17/09/2010
Os interesados poderán apuntarse ata finais de setembro

Xa comezou a inscrición para os distintos niveis da Escola ao Xadrez, organizada pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, o grupo El Progreso e a Asociación Cultural Xaquedrum. Este ano, como novidade, inclúense tamén clases de iniciación e perfeccionamento para familiares.

Haberá diferentes grupos dependendo da idade e do nivel dos alumnos:

Iniciación:

- Xadrez para nenos: Para mozos/as ata os 9 anos. Sábados de 11 a 12 e 16:30 a 17:30 horas.

- Para adultos: Clases de de iniciación, pendente de fixar o horario onde participan varios membros da familia.

Perfeccionamento:

- Perfeccionamento I: Venres de 18:00 a 19:00 horas.

- Perfeccionamento II: Xoves de 18:00 a 19:30

- Perfeccionamento III: venres de 19:00 a 20 :30 horas e sábados de 12:00 a 13:30 horas.

-Curso Perfeccionamento familiares: venres de 21:00 a 22:00 horas, clases onde participan varios membros da familia.
Cada grupo estará formado entre 6 e 12 alumnos, que serán atendidos de xeito personalizado dependendo das súas necesidades e progresos. Ademais, disporán de material didáctico de apoio para realizar na casa.

As clases impartiranse ata o 30 de maio no local que ten a Escola Lucense no Parque da Milagrosa.

Existen becas de axudas para as familias con menos recursos.
 
La matrícula custa 20 euros y 10 euros al mes, si se paga todo el curso el mes de Outubro é gratuíto.

Os interesados en obter información ou inscribirse poden facelo na dirección electrónica xaquedrumarrobagmail.com.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova