Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Xornalistas xaponeses visitaron esta tarde o Concello


# Venres, 17/09/2010
O Alcalde recibiu ó grupo de xornalistas especializados en turismo e gastronomía que están en Lugo por iniciativa da Cámara de Comercio

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, presidiu esta tarde unha recepción que lle ofreceu o Concello a un grupo de xornalistas do Xapón que visitan Lugo por iniciativa da Cámara de Comercio.

Trátase dun grupo de nove xornalistas ós que acompaña un tradutor que están a viaxar pola provincia dende o mércores ata mañá.

O Alcalde explicoulles aspectos da historia de Lugo e os seus atractivos monumentais, paisaxísticos e gastronómicos. Entre outras cousas, López Orozco díxolles que a cidade está a celebrar este ano o décimo aniversario da proclamación como Patrimonio Mundial da Muralla e contoulles que o noso monumento está irmanado coa Gran Muralla China.

A coordinadora do grupo, Yoko Nishihara, recoñeceu a sorpresa que lles ten causado a viaxe por Lugo e a súa provincia xa que antes de vir non sabían nada dela nin de Galicia e salientou que esta zona ten moitas posibilidades de promoción turística.

Ademais de visitar o Concello, o grupo de xornalistas efectuaron unha visita guiada á cidade e coñeceron o Concurso de Tapas.

O obxectivo da viaxe é promocionar Lugo e a súa provincia nun mercado turístico de especial interese como é o do país nipón.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova