Imprimir

EVISLUSA CONVOCA UNHA PRAZA DE ARQUITECTO


20/9/2010

A Empresa municipal de Vivenda e Solo de Lugo, EVISLUSA, vén de convocar unha praza de arquitecto superior.

Segundo establecen as bases da convocatoria, para participar neste proceso de selección deben presentarse as solicitudes no rexistro de EVISLUSA, na rúa Quiroga Ballesteros, en horario de 9.00 a 13.30 horas.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberta ata o día 30 de setembro.

As bases da convocatoria pódense consultar na web do Concello www.lugo.es.

http://www.lugo.es/ws/evislusa