Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

"Lugo10, ¡de nota!" , gañador do concurso de slogans Lugo10


# Mércores, 22/09/2010
O concurso “Un slogan para Lugo10” celebrado a través das redes sociais, acadou un gran éxito de participación, con 97 propostas e 332 votos

O slogan gañador foi seleccionado polos patrocinadores de Lugo10 e recibirá unha cea na Tapería do Mesón de Alberto, e representará un emblema para Lugo

Os dez slogans seleccionados polos usuarios gañaron unha botella conmemorativa do Décimo Aniversario e unha camiseta de Lugo10

“Lugo10, ¡de nota!, foi a proposta presentada por Elena Iravedra



O pasado día 14 de setembro deu comezo o concurso “Un slogan para Lugo10”, unha iniciativa incluída na marca Lugo10, que quere así, celebrar os dez anos da proclamación da Muralla como Patrimonio Mundial. Tan só 24 horas despois de dar comezo o concurso xa eran case medio cento as propostas feitas polos internautas. O venres, día que rematou o prazo para participar, chegaron a 97 os slogans creados, e emitíronse un total de 332 votos.

Seguindo as bases do concurso, seleccionáronse as dez propostas máis votadas polos usuarios. Despois, foron os patrocinadores e colaboradores de Lugo10 os encargados de elixir, durante esta fin de semana, entre as propostas máis votadas o slogan gañador dunha cea na Tapería do Mesón de Alberto e que representará todo un emblema para Lugo. “Lugo10, ¡de nota!” foi a proposta gañadora, presentada por Elena Iravedra.

As dez propostas máis votadas polos internautas foron:

- Por su pasado, su presente y su futuro. Lugo10
- Lo mires por donde lo mires, Lugo10
- Lugo10: Lo que era una antigüedad ahora es de la humanidad
- Para vivir... Lugo10
- Lugo10, ¡de nota!
- Si quieres vivir una aventura y descubrir grandes tesoros adéntrate en Lugo10
- Lugo10: Eche o que hai...
- A Lugo?? Son 10.000... razones para conocerla. Lugo10
- ¿Qué nota le pondrías al Paraíso? Aquí lo tienes: Lugo10
- Lugo10, una ciudad para vivir, para amar, para disfrutar
- GO 10! luGO 10!!

Finalmente, as propostas seleccionadas foron 11 xa que produciuse un empate entre os votos emitidos aos dous últimos slogans. Estes once eslogans xa contan con premio seguro, unha botella de Coca Cola conmemorativa e unha camiseta de Lugo10.

Patrocinadores Lugo10

Os patrocinadores de Lugo10, que elixiron o slogan gañador foron: Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, Gestagua, Telefónica, Urbaser, Calfensa, Laboratorios Nupel, Emetel, Cociñas Lareira, Transportes Valín e Hijos, Fundación Azkar, Asogal Construcciones, Monbus, ONCE, Coca Cola e MOD Producciones.

O gañador poderá disfrutar dunha Cea na tapería do Mesón de Alberto ofrecida por Lugo10, e ademais poderá ver con orgullo a súa frase como lema de peche deste programa Lugo10. O eslogan ganador estará presente, entre outros sitios, na gala de peche deste Décimo Aniversario.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova