Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O domingo celebrarase a XVIII edición da Feira do Mel de Lugo


# Xoves, 23/09/2010
A feira, organizada polo Concello de Lugo, a Deputación e a APLA abrirá as súas portas as 10.00 horas na Praza da Soidade

Os prezos do mel manteranse igual que na anterior edición, cun prezo mínimo para un frasco dun kilo de 6,50 euros e 4 euros para o frasco de medio kilo


A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, xunto co Presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultura, Antonio Mon López, e o veterinario e membro da APLA, Iván Francisco Vázquez, presentaron hoxe a XVIII edición da Feira do Mel de Lugo, que levarase a cabo este vindeiro domingo día 26 de setembro na Praza da Soidade.

A apertura da Feira está prevista para as dez da maña, e contará cos mesmos expositores que na edición anterior, un total de vintedous. O pasado ano vendéronse un total de 1.480 kilos de mel, e este ano prevese acadar un nivel maior, chegando ata os 2.000 kilos.

Os prezos do mel manteranse con respecto o pasado ano, cun prezo mínimo para un frasco dun kilo de 6,50 euros, e de 4 euros para o frasco de medio kilo.

Nesta edición, Lugo10 tamén estará presente mediante unha carpa auxiliar onde os máis cativos poderán adentrarse no mundo da apicultura a través dunha proxección cinematográfica, de animacións ou coa exposición dunha colmea de cristal para poder observar o funcionamento dende o interior.

Ademais, sortearanse entre os asistentes 3 cestas con distintos produtos apícolas. A clausura da Feira do Mel está prevista para as 19.00 horas.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova