Os prezos do mel manteranse igual que na anterior edición, cun prezo mínimo para un frasco dun kilo de 6,50 euros e 4 euros para o frasco de medio kilo
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, xunto co Presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultura, Antonio Mon López, e o veterinario e membro da APLA, Iván Francisco Vázquez, presentaron hoxe a XVIII edición da Feira do Mel de Lugo, que levarase a cabo este vindeiro domingo día 26 de setembro na Praza da Soidade.
A apertura da Feira está prevista para as dez da maña, e contará cos mesmos expositores que na edición anterior, un total de vintedous. O pasado ano vendéronse un total de 1.480 kilos de mel, e este ano prevese acadar un nivel maior, chegando ata os 2.000 kilos.
Os prezos do mel manteranse con respecto o pasado ano, cun prezo mínimo para un frasco dun kilo de 6,50 euros, e de 4 euros para o frasco de medio kilo.
Nesta edición, Lugo10 tamén estará presente mediante unha carpa auxiliar onde os máis cativos poderán adentrarse no mundo da apicultura a través dunha proxección cinematográfica, de animacións ou coa exposición dunha colmea de cristal para poder observar o funcionamento dende o interior.
Ademais, sortearanse entre os asistentes 3 cestas con distintos produtos apícolas. A clausura da Feira do Mel está prevista para as 19.00 horas.