Cargando....
Concello de Lugo
01/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A XIV edición de Artesanfroilán abre as súas portas con 26 artesáns de distintos sectores


# Martes, 05/10/2010
López Orozco e Lara Méndez inauguran a feira de artesanía impulsada conxuntamente polo Concello e a Deputación instalada na praza de Anxo Fernández Gómez ata o 12 de outubro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Acalde de Lugo, José López Orozco, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, inauguraron este martes a XIV edición de Artesanfroilán. Trátase da feira de artesanía que o CENTRAD,-entidade dependente do organismo provincial-, organiza en colaboración co Concello da capital co obxectivo de dar a coñecer o traballo destes profesionais e de impulsar o sector, aproveitando o grande número de visitantes que se achegan á cidade durante as festas patronais.

Para elo, dende hai 3 anos, o Concello de Lugo cede á Deputación a céntrica praza de Anxo Fernández Gómez, un espazo situado detrás da Casa Consistorial e moi transitado durante o San Froilán. Precisamente, a excelente localización condicionou, segundo reflicte o incremento no número de profesionais interesados en participar, o éxito acadado de Artesanfroilán nos últimos anos. Deste xeito, para este convocatoria, o CENTRAD recibiu un total de 110 solicitudes de artesáns de todas as Comunidades de España e, por primeira vez, de Portugal.

O Alcalde de Lugo destacou que “un ano máis coa colaboración do CENTRAD serán moitas as persoas que gocen do traballo que realizan as mans destes artesáns. O San Froilán é unha festa de interese turístico galego e mesmo nacional. Esta feira é unha extraordinaria forma de conservar a nosa tradición e a nosa materia prima. Ademais, é un sector que crea postos de traballo”.

A Vicepresidenta da Deputación, pola súa parte, subliñou que “grazas á colaboración do Concello esta feira está situada no corazón de Lugo. É un luxo contar con este espazo para que os artesáns poidan exhibir os seus produtos”. Pola súa banda,

O organismo provincial seleccionou a 26 deles; un proceso no que se tiveron en conta a calidade do produto, que todos os oficios artesanais estivesen representados, e no que se primou a orixe lucense dos mesmos. Finalmente, a representación dos profesionais é a seguinte: 12 de Lugo, 9 da Coruña, 3 de Pontevedra, 1 de Asturias e 1 de Portugal. Así mesmo, as pezas expostas á venda varían dende a xoiería, olería, cerámica, pratería, téxtil, vidro, serigrafía, e ata hai orixinais produtos elaborados con pedra, cartón, madeira ou metal.


Galardón e horarios
A Deputación premiará ó mellor “stand” con 1.000 euros, para o que se terán en conta tanto a calidade do produto como a súa exposición ó público. A mostra, cuxa entrada é gratuíta, conta co seguinte horario:

- días 5 e 10 de outubro: de 11:00 ás 14:30 horas, e de 17:00 á 21:30 horas.
- días 6, 7, 8, 9 e 11 de outubro: de 11:00 ás 14:00 horas, e de 17:00 ás 21:00 horas.
- día 12 de outubro: de 11:00 ás 14:30 horas, e de 17:00 ás 21:00 horas.

sanfroilan.info

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova