Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Chega o V Concurso Autonómico de Cortadores de Xamón


# Mércores, 06/10/2010
O Concelleiro de Turismo e Deportes de Lugo presentou a quinta edición deste certame, que se desenrolará o venres día 15 de outubro na Praza Maior

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o responsable do Grupo Coren, Rafael Ortíz, o Campión Galego de Cortadores de Xamón de 2009, José Manuel Míguez, e a responsable da organización do Campionato, Ana Álvarez, presentaron hoxe a quinta edición do Concurso Autonómico de Cortadores de Xamón, que se desenrolará o venres, día 15 de outubro, na carpa situada na Praza Maior.

Doce cortadores de xamón, chegados dende todo o territorio nacional, competirán a partir das 11.00 h e durante aproximadamente dúas horas, para converterse no mellor cortador de xamón. O xurado, composto por representantes dos medios de comunicación, do sector da hostalería e de Coren, avaliarán aspectos tan concretos como o estilo do cortador, o grosor ou tamaño da rebanda, a limpeza e rectitude no corte ou a rapidez.

Unha oportunidade para contemplar a arte dos mellores profesionais no corte do xamón, e de probar unha exquisita rebanda de xamón. Segundo anunciou Ana Álvarez, responsable da organización, unha vez finalice o concurso, o xamón xa cortado e sobrante será doadas a unha institución benéfica de Lugo.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova