Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Bailando e saltando por Lugo: Convocado o primeiro Lipdub da cidade


# Martes, 05/10/2010
A iniciativa, impulsada por Lugo10, pretende reunir a centos de persoas, para gravar un videoclip durante as festas de San Froilán, coa Muralla Romana como telón de fondo

Imaxe Asociada

A cita será a partir de las 17.00 horas, na Praza de Ferrol, e haberá agasallos e sorpresas para todos os participantes

A canción que servirá como base para o videoclip, o tema do grupo Tequila “Salta”, foi a proposta elixida polos internautas mediante unha votación


Por primeira vez na historia de Lugo vaise celebrar unha iniciativa tan innovadora como ambiciosa. O obxectivo é convocar e reunir a centos de persoas a través das redes sociais para a gravación dun videoclip que promocionará Lugo e a súa Muralla Romana nunha data moi especial: o 10-10-10 (vindeiro Domingo das Mozas, en plenas festas do San Froilán).

A convocatoria popular estase realizando a través da rede social Facebook, onde hai un evento para que calquera persoa que queira pasar un rato divertido e agradable, confirme a súa asistencia. A cita será a partir de las 17.00 horas, na Praza de Ferrol, e haberá agasallos e sorpresas para todos os participantes. En caso de chuvia, os organizadores tamén teñen previsto un escenario alternativo.

A canción que servirá como base para o videoclip foi proposta e elixida polos internautas mediante unha votación na que foi gañador o animado tema do grupo Tequila titulado "Salta". A canción foi proposta polo usuario José Manuel López González, quen recibirá como premio dúas entradas para o Concerto que Joaquín Sabina ofrece na cidade o vindeiro día 11 de outubro.

A gravación do videoclip, o vindeiro domingo día 10, está impulsada por Lugo 10 e tecnicamente se coñece co nome de lipdub ("dobraxe de beizos"); os participantes sincronizarán os seus beizos, xestos e movementos coa mencionada canción baixo as directrices do equipo artístico da Academia de Baile Star Dance e un equipo técnico da Fundación TIC. Todos os participantes recibirán agasallos e obsequios conmemorativos da actividade.

Unha vez que o vídeo sexa editado e estea listo, publicarase e viralizarase en internet. Outras iniciativas similares conseguiron miles de visualizacións e polo tanto, trátase dunha acción que combina a perfección: diversión, promoción da cidade e participación cidadá.

Esta acción forma parte do intenso programa de actividades desenvolvido polo equipo de Lugo 10, dende o comenzo da súa andaina, tan só hai uns meses, nas redes sociais. A páxina en Facebook do proxecto (facebook.com/Lugo10) xa conta con preto de 5.000 amigos. En Tuenti, a comunidade en torno ao mesmo achégase as 1.000 persoas e en Twitter, o coñecido servizo de microblogging, máis de 300 "followers". Entre as accións desenvoltas anteriormente destacan, un concurso para atopar un slogan para Lugo 10 (o gañador foi "Lugo 10, ¡de nota!), ou o concurso 10 amigos 10, para viralizar a imaxe da cidade en contornas dixitais.

Coca Cola con Lugo10

Coca Cola tamén quere colaborar coa gravación do videoclip, e repartirá botellas de Coca Cola conmemorativas do Décimo Aniversario entre os participantes. Ademais, e debido ao grande éxito acadado pola primeira edición das botellas conmemorativas, Coca Cola repartirá 3.000 botellas máis para regalar durante o San Froilán. As do Concello, repartiranse como na vez anterior na rede de museos durante as festas, a partir do martes día 5. Os museos permanecerán abertos todos os días (tamén os festivos) agás os luns.

www.lugo10.es

sanfroilan.info

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova