Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e o Presidente da Deputación festexaron o San Froilán Catalán en Barcelona xunto a 50.000


# Domingo, 03/10/2010
Miles de persoas abarrotan o Barco Muralla da Deputación e Concello de Lugo redescubrindo a riqueza medioambiental da provincia lucense

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, celebran, xunto a miles de lucenses residentes en Barcelona, autoridades tales como o Alcalde da Cidade Condal, Jordi Hereu, e personalidades da vida social e cultural en Cataluña, o San Froilán Catalán. Trátase dunha festa que, dende hai 15 anos, organizan, no distrito barcelonés de Nou Barris, empresarios de Lugo residentes en Barcelona. Ó éxito que todos os anos acada este acontecemento é tal que xa está considerado, logo da Merced, como a segunda festa de maior importancia nesta cidade catalana. Deste xeito, durante esta fin de semana, milleiros de persoas xa acudiron a Praza Maior deste distrito redescubrindo a riqueza da provincia lucense. Segundo datos da Garda Urbana, o número de participantes superará este ano os 50.000.

O Concello de Lugo e a Deputación quixeron aproveitar ó éxito destes festexos para estrear fóra de Galicia o Barco Muralla de Lugo, a pioneira aula turística medioambiental que impulsa a economía lucense mediante a promoción dunha provincia cuxo 55% do seu territorio está avalado pola UNESCO grazas ás 3 Reservas da Biosfera, -Terras do Miño, Os Ancares, Río Éo-Oscos- Terras de Burón-; que conta con máis de 100 quilómetros de costa, e 800 quilómetros de Camiños de peregrinación sendo a provincia de España co maior número. No primeiro día no que a “embarcación” estivo sita no centro de Nou Barris, miles de persoas a abarrotaron mostrando o seu interese polo DVD sobre a riqueza natural de Lugo que realizaron a Fundación TIC, dependente da Deputación, e Iago Mazoy; así como polo libro Km0, a primeira publicación que “vende” Lugo na súa totalidade recollendo 127 rutas que discorren por todos os Concello lucenses.

Orozco e Besteiro amosaron a súa satisfacción logo do éxito acadado en Barcelona con esta iniciativa de Lugo10, o programa municipal que conmemora o 10º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade declarado pola UNESCO. Ambos os dous mandatarios, sinalaron que “xuntos, logramos que máis xente coñeza os tesouros de Lugo e, xuntos, seguimos xerando riqueza na provincia mediante a aposta conxunta polo medioambiente, a nosa oportunidade económica”.

Suma de esforzos
O lugar escolleito pola Concello de Lugo e a Deputación para a estrea do Barco Muralla non é unha casualidade xa que preto de 180.000 galego viven no distrito de Nou Barris dos 300.000 residentes en Barcelona. Neste senso, o Presidente e o Alcalde destacaron “o esforzo dos veciños lucenses afincados en Cataluña por impulsar o súa terra: Lugo”, ó tempo que subliñaron que “coa suma de esforzos dos veciños dunha provincia unida, seguiremos xerando riqueza nun momento de crise económica como o actual”.

Dende o cambio de Goberno, a Deputación de Lugo sempre colaborou co San Froilán Catalán. Deste xeito, o organismo provincial comezou levando un “stand” turístico de Lugo; o ano seguinte, o Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, elaborou unha tala de San Froilán que, ademais de abrir a multitudinaria procesión de San Patrick en Nova York, protagonizou a procesión e a celebración relixiosa, principais actos deste domingo ós que acuden miles de persoas. Gómez Besteiro indicou que “o noso esforzo ten recompensa xa que, precisamente, os veciños de Cataluña son os principais visitantes da nosa provincia amosando o seu interese polo turismo de calidade que lles ofrecemos en Lugo”.

Como previo o San Froilán en Lugo, esta fin de semana, Nou Barris recuperou o tradicional estilo popular de Galicia con pasarúas, actuacións de grupos folclóricos e de recoñecidas orquestras galegas. Da mesma forma, os participantes xa desgustaron o polbo a feira chegando a esperar ata 2 horas para sentenciar que “E para comer Lugo”.



Unhas 40.000 persoas coñecerán iniciativas como Lugo10 o libro de KM0 ou o vídeo sobre as Reservas da Biosfera


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participan durante esta fin de semana nas festas do San Froilán do distrito barcelonés de Nou Barris. Trátanse duns festexos que dende hai 15 anos organiza un grupo de empresarios lucenses residentes na cidade Condal, e que cada ano causan o interese de máis xente. En anos anteriores, e segundo datos da Garda Urbana, máis de 40.000 persoas pasaron pola Praza Maior desta localidade, lugar onde nesta ocasión se atopa o Barco Muralla de Lugo.

Orozco e Besteiro quixeron aproveitar o éxito deste acontecemento para estrear fóra de Galicia a pioneira aula medioambiental coa que Deputación e Concello de Lugo están a impulsar ó exterior a cidade e a provincia lucense dentro de Lugo10 , o programa municipal que conmemora o 10º aniversario do Monumento bimilenario como Patrimonio da Humanidade declarado pola UNESCO.

Dentro da aposta polo medioambiente, a nosa oportunidade económica, a Deputación presenta ademais en Barcelona, e tan só dous días despois de facelo nun exitoso acto na capital lucense que contou coa participación de case 1.000 persoas, Km0.Rutas pola Provincia de Lugo, a primeira publicación que “vende” a provincia na súa totalidade. Da mesma forma, os participantes nestes festexos tamén terán a oportunidade de coñecer unha provincia única, avalada no 55% do seu espazo pola UNESCO, con máis de 100 quilómetros de costa, e 800 quilómetros de Camiños de peregrinación sendo a provincia de maior número en España, co vídeo sobre as Reservas da Biosfera que elaborou a Fundación TIC, dependente do organismo provincial, xunto Yago Mazoy.

Éxito do “San Froilán catalán”

Preto de 180.000 galegos viven no distrito catalán dos 300.000 residentes en Barcelona. O “San Froilán catalán” está considerado como a segunda festa máis importantes da cidade Condal despois da Merced. Todos os anos acuden personalidades da vida política, cultural e social catalana. Son ademais, unhas festas privilexiadas xa que teñen permiso das autoridades para que se poidan celebrar no propio barrio e contan co apoio económico da Concello de Barcelona. Isto amosa, segundo Gómez Besteiro, “a importancia e o apoio que o Goberno barcelonés lle dá á comunidade galega, e sobre todo á lucense residente na cidade condal”.

A xornada festiva comezou ás 21:30, momento no que Orozco e Besteiro, xunto ó Alcalde de Barcelona, Jordi Hereu, e a dirixente do distrito de Nou Barris, Carma Andrés, participaron na izada das bandeiras de Galicia e Cataluña e na escoita dos himnos que todos os anos se realiza como símbolo de irmanamento entre ambas as dúas Comunidades.

O “San Froilán catalán” recupera o tradicional estilo popular de Galicia con pasarúas e actuacións de grupos folclóricos. Este ano ademais, e como novidade, a Asociación de Empresarios da Hostalería de Lugo achegará a gastronomía da provincia mediante a promoción dos produtos coa marca “E para comer, Lugo”.

sanfroilan.info





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova