Imprimir

ROSENDO PRESENTA EN LUGO O SEU ÚLTIMO DISCO "A VECES CUESTA LLEGAR AL ESTRIBILLO"


6/10/2010 O roqueiro actuará este venres na Horta do Seminario dentro das festas do San Froilán

O cantante Rosendo vai presentar en Lugo o seu último traballo titulado “A veces cuesta llegar al estribillo”, que consta de once novas cancións presentadas nunha edición limitada en formato disco-libro e no que contou coa colaboración do seu fillo Rodrigo na composición do tema “Rompe la cadena”.

O concerto do veterano roqueiro terá lugar este venres, ás 22.00 horas na Horta do Seminario. Como teloneiros actuarán os lucenses Arrhythmia.

Rosendo actuará nas festas do San Froilán nun concerto organizado polo Concello en substitución do grupo británico Placebo que cancelou hai uns días a súa xira europea por mor da enfermidade que sofre un dos compoñentes da banda.

sanfroilan.info