Imprimir

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UNS CURSOS DE MICOLOXÍA


7/10/2010 Os cursos teórico-prácticos, que se desenrolarán no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, serán de nivel básico e de perfeccionamento

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, organiza xunto co Cetal, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, uns cursos teórico-prácticos de micoloxía. O de nivel básico desenrolarase dende o día 18 ata o 24 de outubro en horario de 20.00 horas a 21.15 horas. O de perfeccionamento, será dende o día 25 de outubro ata o 31 de outubro e no mesmo horario, dende as 20.00 horas ata as 21.15 horas. Os cursos serán impartidos polo profesor Julián Alonso Díaz, Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus e Coordinador do proxecto micolóxico AMIGA.

Xa está aberto o prazo de inscrición, que poderá realizarse na OMIC, situada na Ronda da Muralla 179 ou chamando ao teléfono 982.29.72.73.

Portal OMIC

Descargar arquivo PDF con información do curso (2.3MB)