Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo10 recupera, dez anos despois, a representación AULULARIA


# Xoves, 07/10/2010
A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña e membros do grupo de teatro Achádego presentaron a vindeira representación da obra AULULARIA, que se fará en conmemoración ao Décimo Aniversario

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A comedia de Plauto representarase o 16 de outubro as 20.30 horas no Auditorio Gustavo Freire, e a entrada será de balde

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, xunto coa Presidenta da Asociación Teatral Achádego, Tareixa Campos, e o Director da obra AULULARIA, Antón Sampaio, presentaron hoxe a vindeira representación do grupo de teatro Achádego, incluida no programa de actos de conmemoración do Décimo Aniversario, Lugo10.

Hai dez anos que o grupo de teatro Achádego representaba a comedia de Plauto AULULARIA, e hai dez anos que a Muralla de Lugo conseguiu a distinción de Patrimonio Mundial. Deste xeito, o grupo de teatro lucense quixo participar nesta celebración, e representará, dez anos despois, a mesma obra.

A cita será no Auditorio Gustavo Freire o 16 de outubro as 20.30 horas e a entrada será de balde ata completar aforo.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova