Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e o Presidente da Deputación participan nas Festas de San Froilán do distrito barcelonés de Nou Barris


# Sábado, 02/10/2010
Unhas 40.000 persoas coñecerán iniciativas como Lugo10 o libro de KM0 ou o vídeo sobre as Reservas da Biosfera

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participan durante esta fin de semana nas festas do San Froilán do distrito barcelonés de Nou Barris. Trátanse duns festexos que dende hai 15 anos organiza un grupo de empresarios lucenses residentes na cidade Condal, e que cada ano causan o interese de máis xente. En anos anteriores, e segundo datos da Garda Urbana, máis de 40.000 persoas pasaron pola Praza Maior desta localidade, lugar onde nesta ocasión se atopa o Barco Muralla de Lugo.

Orozco e Besteiro quixeron aproveitar o éxito deste acontecemento para estrear fóra de Galicia a pioneira aula medioambiental coa que Deputación e Concello de Lugo están a impulsar ó exterior a cidade e a provincia lucense dentro de Lugo10 , o programa municipal que conmemora o 10º aniversario do Monumento bimilenario como Patrimonio da Humanidade declarado pola UNESCO.

Dentro da aposta polo medioambiente, a nosa oportunidade económica, a Deputación presenta ademais en Barcelona, e tan só dous días despois de facelo nun exitoso acto na capital lucense que contou coa participación de case 1.000 persoas, Km0.Rutas pola Provincia de Lugo, a primeira publicación que “vende” a provincia na súa totalidade. Da mesma forma, os participantes nestes festexos tamén terán a oportunidade de coñecer unha provincia única, avalada no 55% do seu espazo pola UNESCO, con máis de 100 quilómetros de costa, e 800 quilómetros de Camiños de peregrinación sendo a provincia de maior número en España, co vídeo sobre as Reservas da Biosfera que elaborou a Fundación TIC, dependente do organismo provincial, xunto Yago Mazoy.

Éxito do “San Froilán catalán”

Preto de 180.000 galegos viven no distrito catalán dos 300.000 residentes en Barcelona. O “San Froilán catalán” está considerado como a segunda festa máis importantes da cidade Condal despois da Merced. Todos os anos acuden personalidades da vida política, cultural e social catalana. Son ademais, unhas festas privilexiadas xa que teñen permiso das autoridades para que se poidan celebrar no propio barrio e contan co apoio económico da Concello de Barcelona. Isto amosa, segundo Gómez Besteiro, “a importancia e o apoio que o Goberno barcelonés lle dá á comunidade galega, e sobre todo á lucense residente na cidade condal”.

A xornada festiva comezou ás 21:30, momento no que Orozco e Besteiro, xunto ó Alcalde de Barcelona, Jordi Hereu, e a dirixente do distrito de Nou Barris, Carma Andrés, participaron na izada das bandeiras de Galicia e Cataluña e na escoita dos himnos que todos os anos se realiza como símbolo de irmanamento entre ambas as dúas Comunidades.

O “San Froilán catalán” recupera o tradicional estilo popular de Galicia con pasarúas e actuacións de grupos folclóricos. Este ano ademais, e como novidade, a Asociación de Empresarios da Hostalería de Lugo achegará a gastronomía da provincia mediante a promoción dos produtos coa marca “E para comer, Lugo”.

sanfroilan.info

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova