Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Reuniuse a Comisión de seguimento da ITE que forman o Concello e os Colexios de Arquitectos e Arquitectos Técnicos


# Xoves, 07/10/2010


A Comisión de seguimento da ITE celebrou onte unha xuntanza na que participaron a Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, e os presidentes dos Colexios Oficiais de Arquitectos e Arquitectos Técnicos.

A celebración da xuntanza fora anunciada pola Delegada de Urbanismo na sesión plenaria que celebrou o Concello o pasado luns.

A Comisión de seguimento é un órgano creado ó abeiro do Convenio que teñen subscrito Concello e os dous Colexios profesionais que colaboran na realización das inspeccións técnicas de edificios tanto na cidade coma na zona rural de Lugo.

Nesta Comisión faise o seguimento e avaliación do traballo que realizan os profesionais da arquitectura para velar pola seguridade dos edificios.

Na reunión tratouse da marcha do convenio e do fundamental que resulta a información achegada directamente a través do Concello e dos Colexios profesionais para evitar malos entendidos.

Nos próximos días está previsto que esta Comisión manteña un novo encontro.

Inspección Técnica de Edificios




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova