Cargando....
Concello de Lugo
01/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Campionato de España Clubs Junior Feminino chega ata Lugo


# Xoves, 07/10/2010
O Concelleiro de Deportes presentou hoxe o Campionato de España Clubs Júnior Feminino de Atletismo, que se desenrolará no estadio Gregorio Pérez Rivera o día 9 de outubro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Ese mesmo sábado, a partir das 11.00 horas, celebrarase a XXXIII Memorial Gregorio Pérez Rivera


O Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandio, xunto co Delegado Provincial da Federación Galega de Atletismo, Manuel Castiñeira, e o Presidente do Club San Fernando Lucus Caixa Rural Galega, Jose Manuel Traseira presentaron hoxe o Campionato de España Clubs Júnior Feminino Fase Previa, que se desenrolará o sábado día 9 de outubro no estadio de atletismo Gregorio Pérez Rivera.

Un total de cinco equipos, o SF Lucus Caixa Rural, A.D. Marathon (Madrid), Sprint Atletismo Leon, AT. Femenino Celta (Vigo) e CA. Sierra Narón, disputarán ata 20 probas, pasando por martelo, pértiga, dico, altura ou xabalina. O horario das probas é dende as 16.45 horas ata as 20.30 horas.



XXXIII Memorial Gregorio Pérez Rivera

O sábado día 9 de outubro tamén se celebrará a trixésimo terceira edición do Memorial Gregorio Pérez Rivera, que se desenrolará no Estadio Municipal. Unha cita xa clásica, que dará comezo as 11.00 horas e na que os participantes, divididos nas categorías de cadetes, xuvenis, xunior e promesa, competirán en probas comprendidas dende os 100 ata os 400 metros lisos. Concederanse trofeo aos tres primeiros clasificados en cada unha das probas programadas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova