Imprimir

VISITA DO SECRETARIO XERAL DOS SOCIALISTAS GALEGOS Ó CONCELLO DE LUGO


7/10/2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e representantes da Corporación municipal recibiron ó Secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, que visitou a última hora da mañá o Concello de Lugo.

O Alcalde deulle a benvida a Lugo ó dirixente dos socialistas galegos que veu á cidade con motivo das festas do San Froilán e desexoulle que disfrute da estadía na cidade.

Tamén manifestou López Orozco que o recibimento do Concello ó político socialista “trátase dun acto democrático no que está representada toda a corporación”.

sanfroilan.info