Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e o Presidente da Deputación inauguran unha exposición a beneficio de Proxecto Home Galicia


# Xoves, 07/10/2010
A exposición Arte e Solidariedade consta de obras doadas por 108 artistas galegos Lugo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro, acompañados polo Director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, e o artista lucense Paco Pestana, inauguraron este xoves Arte e Solidariedade. Trátase dunha nova exposición que a Deputación achega á provincia como forma de colaboración coa actividade que desempeña dita organización sen ánimo de lucro, e coa que se conmemora o vixésimo aniversario da súa posta en marcha na Comunidade. Dende o ano 90, esta entidade, segundo os seus propios datos, atendeu a 4.000 galegos.

No acto inaugural, o Alcalde salientou que “a drogodependencia é unha enfermidade á que só se lle pode dar solución coa colaboración do conxunto da sociedade” polo que “se hai unha organización como o Proxecto Home, que desde a súa perspectiva cristiá colabora con todos os homes e mulleres co fin de cambiar estas condutas, entón hai esperanza de que o problema teña solución”. Tamén destacou López Orozco que “a colaboración desinteresada dos artistas mostra, unha vez máis, como a eles nada do que lle sucede ó ser humano lles é alleo”.


Gómez Besteiro destacou que “conscientes da súa intensa labor, dende a Deputación non dubidamos nin un só intre en participar neste proxecto que xa tivo acollida en Ourense, Ferrol, Vigo e Pontevedra. Por iso, cedemos a Sala de Exposicións do CENTRAD para recibir, por primeira vez en Lugo, una exposición única, benéfica, e 100% galega coa que, sumando esforzos, logremos que Proxecto Home sega salvando vidas outros 20 anos máis”.

A exposición

A mostra está composta por 108 obras, -óleos, esculturas, fotografías, gravados e debuxos-, que outros tantos artistas, 17 deles lucenses, cederon a Proxecto Home. Todas as pezas están á venda co obxectivo de recadar fondos para que esta entidade continúe a desenvolver a súa actividade en Galicia.


A Sala de Exposición estará aberta ó público co seguinte horario:

- de luns a venres: de 10:00 ás 14:00 horas pola mañá, e de 18:00 ás 21:00 horas pola tarde.
- fins de semana e festivos: de 18:00 ás 21:00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova