Imprimir

O ALCALDE PRESIDE A RECEPCIÓN DO CONCELLO Ó PRESIDENTE DA XUNTA


5/10/2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a recepción ó Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que tivo lugar a última hora de hoxe no Concello. No acto participaron tamén o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e representantes da Corporación municipal.

O Alcalde deulle a benvida ó Presidente da Xunta e agradeceulle que se achegara á nosa cidade no día de San Froilán. Nas súas palabras de benvida, López Orozco referiuse ás dificultades económicas e fixo unha chamada a colaboración institucional dicindo que “con traballo en común seremos quen de superar esta difícil situación”.

sanfroilan.info