Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O arranxo dos desperfectos no parque Marcos Cela custará 235.000 euros


# Venres, 01/10/2010
O Concelleiro de Infraestruturas informou dos traballos que se levarán a cabo nesta zona verde e anunciou que se está a revisar cunha cámara o estado das canalizacións na Ronda de Fingoi

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, avaliou hoxe en 235.000 euros o custo do do arranxo do parque Marcos Cela, que foi a zona máis afectada pola forte treboada que se rexistrou na cidade o pasado 25 de xuño.

A Concellería de Infraestruturas dispón xa do estudo sobre os traballos que se acometerán no parque e nos próximos días comezará a redacción do proxecto.

José Piñeiro explicou que os traballos consistirán na recuperación das escaleiras, na apertura de accesos para vehículos de mantemento e maquinaria que operará na zona, a recuperación dos taludes, a instalación de canalizacións de recollida de augas pluviais mediante cunetas de formigón e a limpeza xeral do parque ademais da recuperación das tuberías de abastecemento e saneamento que rompeu a treboada.

Tocante ó fondo das Costas do Parque, o Concelleiro de Infraestruturas informou de que tamén está elaborado o estudo para arranxar as escaleiras que quedaron ó descuberto, onde se instalarán canaletas de recollida de augas, ademais da limpeza e acondicionamento da zona. Esta reparación ten una avaliación económica de 39.000 euros e a Concellería ten pendente agora a redacción do proxecto.

Outra actuación que levará a cabo o Concello, presupostada en 66.000 euros é a recuperación do contorno da estación de bombeo do Ceao.

Por outra parte, o Concelleiro de Infraestruturas deu conta das reparacións que xa se levaron a cabo en puntos da cidade como Alfonso X por importe de 8.162 euros, en Alvaro Cunqueiro onde romperan un colector e un pozo cun custe de 40.700 euros, nas rúas do Outono e Pintor Corredoira, na rúa Orquídea e na de Monte Pía Paxaro.

José Piñeiro destacou ademais que hoxe mesmo comezouse facer unha inspección cunha cámara dirixida por control remoto nas canalizacións da Ronda de Fingoi coa rúa Erín. Neste caso, os técnicos consideran que as canalizacións están en bo estado pero quérese comprobar se hai algún tipo de obstrución ou rotura dalgún tubo que poida ocasionar problemas.

Esa mesma inspección con cámara tamén se vai facer noutros 20 puntos nos que se producen ás veces inundacións.

O Concelleiro de Infraestruturas declarou que con estes datos queda en evidencia que “o Goberno municipal segue traballando mentres outros se dedican á palabrería e os enredos”.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova