Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A troita galega será mañá a protagonista na Praza de Abastos


# Venres, 01/10/2010
A campaña de sensibilización, que xa recorreu Coruña e Santiago, pretende achegar ao consumidor a troita; un peixe san, nutritivo e económico

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, visitará a Praza de Abastos as 10.30 horas

Durante anos Galicia foi a comunidade líder en materia de acuicultura continental, encabezando a produción de troita como especie piscícola máis cultivada en España. Có fin de promocionar e difundir os productos galegos, procedentes da acuicultura continental, desenrólase unha campaña de sensibilización da troita galega que mañá, e tras percorrer Coruña e Santiago, chega ata a Praza de Abastos.

Dende as 10.00 horas e ata as 14.00 horas celebraránse diversas accións de difusión que incluirán sorteos de material de cociña como ollas a presión, baterías ou cuberterías; farase un reparto de recetarios elaborados por cociñeiros de renome e se informará aos consumidores das múltiples posibilidades culinarias e das principais cualidades da troita, un peixe sano, nutritivo e económico.


Tradición en Galicia

Cun gran arraigo tanto no consumo como na pesca, a troita é un dos peixes con máis tradición nas mesas galegas. Cultivada en todos os países europeos, a troita galega é unha das máis valoradas en Europa pola excelente calidade dos seus ríos. En Galicia, a acuicultura continental da emprego directo a máis de 300 familias. Esta acción está promovida pola Asociación Nacional de Productores de Acuicultura Continental (ESACUA) e a Consellería do Mar.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova