Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O VI Concurso de Tapas xa ten finalistas na modalidade tradicional


# Xoves, 30/09/2010
As propostas do Abrente, da cafetería Xoldra, da Pulpería O Castelo e da Taberna do España optan ao premio da mellor tapa tradicional

Un xurado composto por prestixiosos expertos gastrónomos decidirá mañá os gañadores da sexta edición do Concurso de Tapas


A sexta edición do Concurso de Tapas xa ten os catro finalistas na modalidade de tapa tradicional, que foron elixidos por un xurado de expertos que estivo reunido esta mañá no Gran Hotel de Lugo. Dun total de 15 propostas, que chegaron ata a semifinal, finalmente foron as propostas do Abrente, da cafetería Xoldra, da Pulpería O Castelo e da Taberna do España as que optan ao premio da mellor tapa tradicional.



ABRENTE
Compango, caldo e filloa da avoa Visita

CAFETERÍA XOLDRA
Peituga a mousse


PULPERÍA O CASTELO

Polbo a galega con cachelos

TABERNA DO ESPAÑA
Bonito con compota de tomate e cola de langostino


O xurado estivo composto por Miguel Ángel Caruncho Prado, profesor de cociña da Escola de hostalería Belarmino Fernández Iglesias (Sober, Lugo); Bruno Cabanas, Director do hotel Husa Puerta de San Pedro; Ernesto Sendín Giraldez, Xefe de cociña do Gran Hotel de Lugo; Julio García Torres, Profesor do IES Sanxillao; e Alexandra Seara Sobrino, Xerente do Consorcio de turismo Ribeira Sacra.

As propostas tradicionais da cafetería Abrente, da cafetería Xoldra, da Pulpería O Castelo e da Taberna do España optan ao premio da mellor tapa tradicional. Na modalidade creativa compiten a Cervecería Lugo e os restaurantes Campos, España e Paprica.
Será un xurado, composto por prestixiosos expertos gastronómicos, quen decidirá mañá, día 1 de outubro, os gañadores do VI Concurso de Tapas. O Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibirá as 10:30 horas diante do Concello aos membros do xurado, que partirán en microbús para visitar os locais dos oito establecementos que chegaron ata a final. En cada un deles degustarán as tapas para poder decidir cales son os gañadores nas cinco categorías de premios: 1º e 2º Premio de Tapa Creativa, 1º e 2º Premio de Tapa Tradicional e un Premio á Tapa que mellor maride co viño D.O. Ribeira Sacra ou que mellor use este elemento como ingrediente.
O acto de entrega dos galardóns terá lugar en outubro e os establecementos premiados recibirán unha placa e insercións de publicidade. Neste acto tamén se procederá á realización dos sorteos dos premios ofrecidos por varios locais aos que opta o público que participou co seu voto no concurso; e o sorteo dos agasallos (catro lotes de viño D.O. Ribeira Sacra, catro estancias de fin de semana no Gran Hotel e dez entradas ao Club Termal do Gran Hotel de Lugo) que se sortean entre os cupóns de selos.
Para máis información consultar as webs www.lugo.es e www.lugoturismo.com.

Concurso de tapas

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova