Cargando....
Concello de Lugo
05/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

"Construíndo un Imperio" amosará a labor dos Enxeñeiros Romanos


# Venres, 08/10/2010
A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou xunto coa Asociación Cultural Terra Copora a exposición “Construíndo un Imperio”, que se poderá ver no Centro Maruja Mallo dende o 18 ata o 30 de outubro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e Rubén Carricova, coordinador de actividades da Asociación Cultural Terra Copora, presentaron hoxe a exposición “Construíndo un Imperio”, que se poderá ver dende o 18 de outubro ata o 30 de outubro no Centro Social Maruja Mallo.

A exposición está dividida en dous bloques (exposición e charlas teatralizadas), nas que se poderán ver os principais instrumentos de medición topográfica utilizados polos enxeñeiros na antigüidade. Xunto coas reproducións a escala real destes instrumentos, tamén poderán contemplarse reproducións de elementos e pezas arqueolóxicas como escuadras, regras, mazas, palas e picos propios da época histórica. A Concelleira de Xuventude destacou que “esta é unha estupenda forma de coñecer como se constrúe unha cidade como a nosa”.

Unha exposición que pretende destacar a importante labor dos enxeñeiros romanos como artífices de tesouros tan importantes como a Muralla Romana ou as Termas da Cidade de Lugo.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova