Imprimir

"CONSTRUÍNDO UN IMPERIO" AMOSARÁ A LABOR DOS ENXEÑEIROS ROMANOS


8/10/2010 A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou xunto coa Asociación Cultural Terra Copora a exposición “Construíndo un Imperio”, que se poderá ver no Centro Maruja Mallo dende o 18 ata o 30 de outubro

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e Rubén Carricova, coordinador de actividades da Asociación Cultural Terra Copora, presentaron hoxe a exposición “Construíndo un Imperio”, que se poderá ver dende o 18 de outubro ata o 30 de outubro no Centro Social Maruja Mallo.

A exposición está dividida en dous bloques (exposición e charlas teatralizadas), nas que se poderán ver os principais instrumentos de medición topográfica utilizados polos enxeñeiros na antigüidade. Xunto coas reproducións a escala real destes instrumentos, tamén poderán contemplarse reproducións de elementos e pezas arqueolóxicas como escuadras, regras, mazas, palas e picos propios da época histórica. A Concelleira de Xuventude destacou que “esta é unha estupenda forma de coñecer como se constrúe unha cidade como a nosa”.

Unha exposición que pretende destacar a importante labor dos enxeñeiros romanos como artífices de tesouros tan importantes como a Muralla Romana ou as Termas da Cidade de Lugo.