Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Finaliza o prazo para adquirir as entradas de Sabina por Internet


# Venres, 08/10/2010
A partir de mañá, sábado día 09 de outubro, as entradas poderán adquirirse no centro comercial Carrefour e en Viaxes Halcón

Hoxe venres, remata o prazo para adquirir as entradas a través de Internet para o concerto de Joaquín Sabina, que terá lugar o día 11 de outubro no Pazo Universitario. A partir de mañá, sábado día 9 de outubro, as entradas poderán adquirirse no centro comercial Carrefour e na axencia de viaxes Halcón. O prezo das entradas será de 30 euros.

O mesmo día do concerto, o luns día 11 de outubro, as entradas sobrantes poñeranse a venda no Pazo Universitario en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas a un prezo de 35 euros.

sanfroilan.info

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova