Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata un Obradoiro de Tear no que participaron alumnas de ASPNAIS


# Venres, 01/10/2010
O obradoiro, organizado pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, celebrouse no Centro de Convivencia Fingoi dende o 7 ata o 30 de setembro

Imaxe Asociada
Contou con 12 prazas, 4 delas reservadas para alumnas da asociación ASPNAIS



No Centro de Convivencia Fingoi, dependente da Área de Benestar Social e Igualdade do Concello de Lugo dirixida por Carmen Basadre, rematou onte un Obradoiro de Tear Tradicional e de Alto Lizo que se viña desenvolvendo dende o día 7 de setembro.

Este obradoiro, dun total de 30 horas e doce prazas, tivo entre as súas usuarias a catro alumnas da asociación ASPNAIS. Dado que no seu Centro adícanse á confección de alfombras, atoparon moi interesante aprender a técnica do tecido de alto lizo, actividade na que se desenvolveron con verdadeiro entusiasmo. Neste mesmo obradoiro, e ata completar as doce prazas, traballaron usuarias deste centro de convivencia desenvolvendo a técnica dos teares tradicionais, confeccionando as teas á vella usanza.

Esta actividade foi programada tendo como principal obxectivo promover a integración social de todos os colectivos. O número de prazas cubríronse ao 100% e a asistencia tamén foi completa. Pero o máis importante do desenvolvemento deste obradoiro constituíuno o clima de cooperación e a boa relación que se deu no grupo, tanto en xeral como entre as alumnas de APSNAIS. As alumnas máis veteranas non dubidaron en apoiar a aprendizaxe das demais, colaborando entre elas e coa monitora, Carmen Rodríguez Álvarez.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova