Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O día 2 de outubro celebrarase o XI Criterium Ciclista San Froilán 2010


# Xoves, 30/09/2010
Esta proba deportiva inclúe tres modalidades: fondo, sprints e eliminación

Imaxe Asociada
Ata un 15 equipos e 70 corredores de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal participarán nesta undécima edición do Criterium Ciclista San Froilán


O Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Director do Clube Ciclista Cidade de Lugo, Santiago Seijas Alonso, presentaron hoxe a undécima edición do Criterium Ciclista San Froilán 2010, que se celebrará o vindeiro sábado día 2 de outubro, e que está organizada polo Clube Ciclista Cidade de Lugo.

Unha cita xa consolidada no calendario deportivo, que ademais despide a tempada ciclista de carreteira en Galicia. Segundo sinalou o Concelleiro de Deportes, “este é un dos clásicos do San Froilán”, que se celebra nun fin de semana repleto de actividades deportivas.

A competición partirá dende a Avenida de Ramón Ferreiro e desenrolarase dende as 16.00 horas ata as 19.30 horas aproximadamente. Conta cun total de 15 equipos participantes de toda a comunidade galega, Castela e León, Asturias e un equipo invitado de Portugal. Agárdase a participación de ata 70 corredores, que competirán en tres probas: a de fondo, con 35 voltas; a de sprints, de 15 voltas e a proba de eliminación, de 35 voltas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova