Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O VI Concurso de Tapas xa ten finalistas na modalidade creativa


# Mércores, 29/09/2010
A Cervecería Lugo e os restaurantes Campos, España e Paprica optan o premio da mellor tapa creativa

Os finalistas da tapa tradicional coñeceranse mañá


Xa se coñecen os catro finalistas do VI Concurso de Tapas na modalidade de tapa creativa. Elixiunos esta mañá un xurado de expertos que se reuniu no Gran Hotel entre un total de quince propostas que chegaran á semifinal.

O xurado estivo reunido desde as 11.00 ata as 14.00 horas. Nese tempo degustaron as tapas e logo dunha ardua deliberación escolleron os catro finalistas que compiten polo premio na modalidade de tapa creativa.

As propostas que presentaron neste VI Concurso de Tapas a Cervecería Lugo e dos restaurantes Campos, España e Paprica dispútanse o premio da mellor tapa creativa que se decidirá o vindeiro venres, 1 de outubro.

CERVECERÍA LUGO
Porco celta en canelón de Mencía


RESTAURANTE CAMPOS
Bonito de Burela con escuma de pemento de Padrón, galleta de Brick e reducción de Módena


RESTAURANTE ESPAÑA
Choco recheo con Alioli da súa tinta, caviar de tomate e crocante de perexil


RESTAURANTE PAPRICA
Parrulo + Foie+ Frambuesas ecolóxicas de Galicia


O xurado estivo composto por Miguel Ángel Caruncho Prado, Profesor de cociña da Escola de hostalería Belarmino Fernández Iglesias (Sober, Lugo); Bruno Cabanas, Director do hotel Husa Puerta de San Pedro; Ernesto Sendín Giraldez, Xefe de cocina do Gran Hotel de Lugo; Julio García Torres, Profesor do IES Sanxillao e Alexandra Seara Sobrino, Xerente do Consorcio de turismo Ribeira Sacra.

O xurado de finalistas volverase a reunir mañá no Gran Hotel para determinar os catro finalistas na modalidade tradicional para o cal degustará as 15 tapas seleccionadas por votación popular e que son as seguintes:

Pulpería Restaurante A rotonda
O curruncho A nosa terra
Abrente
Cafetería Muxicas
Cafetería O Pote
Cafetería Xoldra
Cervecería Baco
Las cinco Vigas
Restaurante La barra
Porta de Santiago
Pulpería O Castelo
Restaurante Antas de Ulla
Restaurante Tosar
Rincón de Santos
Taberna do España

O acto de entrega dos galardóns terá lugar en outubro e os establecementos premiados recibirán unha placa e insercións de publicidade. Neste acto tamén se procederá á realización dos sorteos dos premios ofrecidos por varios locais aos que opta o público que participou co seu voto no concurso; e o sorteo dos agasallos (catro lotes de viño D.O. Ribeira Sacra, catro estancias de fin de semana no Gran Hotel e dez entradas ao Club Termal do Gran Hotel de Lugo) que se sortean entre os cupóns de selos.
Para máis información consultar as webs www.lugo.es e www.lugoturismo.com.

Concurso de Tapas

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova