O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Ministro de Fomento, José Blanco, e o Presidente de Correos, Alberto Lafuente, presentarán mañá o sello adicado á Muralla romana de Lugo.
A emisión do sello conmemorativo é a contribución que fai Correos á celebración do décimo aniversario da declaración da nosa Muralla como Patrimonio Mundial pola UNESCO e ó programa Lugo10.
A presentación terá lugar no Concello mañá ás 12.30 horas.
Cupón da Once
Outro monumento da nosa cidade, a Catedral, é o motivo elixido pola ONCE para o cupón que sorteará no Domingo das Mozas.
O cupón leva unha fotografía da Catedral e o logotipo da rede de cidades catedralicias. Deste xeito a imaxe da Catedral de Lugo aparece reflexada nos cinco millóns de cupóns, que xa están á venda.
Forma parte da serie que a ONCE adica a rede de cidades catedralicias da que forma parte a nosa cidade.