Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os premios do Sexto Concurso de Tapas de Lugo


# Venres, 08/10/2010
A organización calcula que houbo 60.000 participantes e 140.000 euros de volume de negocio

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, acompañado polo Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, José Francisco Real, entregaron hoxe os premios correspondentes ó VI Concurso de Tapas de Lugo.

O Alcalde eloxiou o labor dos hostaleiros de Lugo no desenvolvemento desta iniciativa xa consolidada e que agora tamén se realiza noutras cidades. Neste sentido, López Orozco destacou que o Concello “está disposto a seguir colaborando”.

Ademais, o Alcalde salientou que “o cambio que se está a dar en Lugo na restauración e grande” e animou ós hostaleiros a continuar na mesma liña.

No mesmo acto, o Concelleiro de Turismo anunciou unha nova iniciativa que trata de “manter o sector hostaleiro o máis vivo posible”, segundo dixo Grandío. Trátase das Primeiras Xornadas Gastronómicas de Lugo, que terán lugar desde novembro ata finais de ano e adicaranse a produtos con Denominación de Orixe, con Indicación Xeográfica Protexida ou procedentes de Agricultura Ecolóxica.

Pola súa parte, o Presidente da Asociación de Hostalería felicitou ó Concello por seguir apoiando ós hostaleiros que participan no Concurso de Tapas, que “é un xeito de proxectar Lugo ó exterior”.

Segundo os cálculos do Concello nesta sexta edición do Concurso de Tapas houbo 60.000 participantes, a metade dos cales emitiron o seu voto en urna, e o volume de negocio estímase en 140.000 euros.

Logo da entrega dos premios e de agradecer o apoio que prestaron ó Concurso o Gran Hotel Lugo, Husa hoteles e a D.O. Ribeira Sacra tivo lugar o sorteo dos agasallos ós participantes nesta VI Concurso de Tapas.

Relación de premiados

VOTACIÓN POPULAR:

Na modalidade creativa, coa tapa Caprichos da terra, o Restaurante La Barra

Na modalidade tradicional, coa tapa Segredo de Xubenca, o Mesón da Pelusiña

VOTACIÓN PROFESIONAL:

1 º PREMIO DE TAPA CREATIVA, coa tapa Chipirón recheo con Alioli da súa tinta, caviar de tomate e crocante de perexil o Restaurante España.

2º PREMIO DE TAPA CREATIVA, coa tapa Parrulo + foie + frambuesas ecolóxicas de Galicia o Restaurante Paprica.

1º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL, coa tapa Peituga a mousse a Cafetería Xoldra.

2º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL, coa tapa Bonito con compota de tomate e cola de langostino a Taberna DO España.

PREMIO Á TAPA QUE MELLOR MARIDE CO VIÑO DA D.O. RIBEIRA SACRA
OU QUE MELLOR USE ESE VIÑO COMO INGREDIENTE, coa tapa Porco celta en canelón de Mencía a Cervecería Lugo.

Ademais, fíxose entrega de diploma de participación a tódolos establecementos participantes:

Os participantes na modalidade creativa da edición 2010 son:

A XARRA
AMERICAN BAR
AVE CESAR
CAFÉ BAR BOLETUS
COOK
EL RIBA
LA TAPERIA DE BACO
LA TOSCANA
MESÓN VINOTECA LUBRE
O LAR DE ADRIAN
PAZO DE ORBÁN
RESTAURANTE CAMPOS
RESTAURANTE MANUEL MANUEL
RESTAURANTE PARRILLADA ANTONIO
RESTAURANTE PARRILLADA SAVOY
TABERNA DANIEL

Os participantes na modalidade tradicional da edición 2010 son:

ABRENTE
BODEGA TAPERÍA 101 VINOS
CAFETERÍA MUXICAS
CAFETERÍA O POTE
CASA D´AUGA
CERVECERÍA BACO
CURMANS
LAS CINCO VIGAS
O CURRUNCHO A NOSA TERRA
OS TILOS
PORTA DE SANTIAGO
PULPERÍA O CASTELO
PULPERÍA RESTAURANTE A ROTONDA
RESTAURANTE ANTAS DE ULLA
RESTAURANTE TOSAR
RINCOS DE SANTOS
VINOTECA LA SUCURSAL

Ampliar a información do 6º Concurso de Tapas de Lugo


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova