Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Muralla de Lugo xa ten un selo que presentaron hoxe o Alcalde, o Ministro de Fomento e o Presidente de Correos


# Sábado, 09/10/2010
Coa edición deste sello Correos súmase a Lugo10, o programa que conmemora o décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Ministro de Fomento, José Blanco, e o Presidente de Correos, Alberto Lafuente, presentaron esta mañá o selo Adicado á Muralla de Lugo como colaboración da empresa postal ó programa Lugo10.

A presentación tivo lugar cadrando coa celebración do Día Mundial do Correo. Ó acto asistiron numerosas autoridades como o Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro; o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro; membros da corporación municipal e representantes das empresas patrocinadoras de Lugo10.

O Alcalde agradeceulle ó Ministro a súa presenza en Lugo polo San Froilán e o seu apoio a Lugo10 “igual que fixeron moitas empresas, algunhas aquí presentes, para que a cidade de Lugo non o Alcalde sexa máis coñecida e visitada, que é o que pretende o programa Lugo10”.

O Ministro salientou que “este selo non conmemora só unha efeméride senón unha forma de facer cidade” e lembrou o movemento social que, coa implicación de toda a cidade logrou que a Muralla romana de Lugo acadara a declaración de Patrimonio Mundial pola UNESCO.

José Blanco tamén se referiu ás infraestruturas que ten en marcha o Ministerio na cidade e a provincia. Anunciou que este mes Adif vai licitar o concurso de ideas para a construción da Estación Intermodal e dixo que “garantimos o investimento necesario para que a nova Ponte sexa canto antes unha realidade”.

Pola súa parte o Presidente de Correos, Alberto Lafuente, anunciou que a Muralla de Lugo ilustra 324.000 selos de 34 céntimos, impresos en hocogravado pola Fábrica Nacional de Moneda e Timbre e que chegará a máis de 290 países asociados á Axencia das Nacións Unidas Nación Postal Universal para “contriguir a que Lugo disfrute de máis proxección internacional especialmente no ámbito do turismo”.


O selo

O selo que Correos puxo en circulación o pasado 17 de setembro insertase dentro da serie filatélica “Patrimonio Mundial” coa que se pretende difundir os diferentes monumentos españois declarados Patrimonio Mundial pola UNESCO, pola súa riqueza cultural ou natural, co fin de contribuír a súa preservación para a herdanza común da humanidade.

A emisión filatélica está xa á venda na rede de máis de 2.300 oficinas postais multiservizo de toda España e outros puntos de venda de signos de franqueo.

Tralo acto, que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Lugo, realizouse o acto protocolario de mataselado do selo co mataselos de Primeiro Día de Circulación.

www.lugo10.es

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova