Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Durante o San Froilán pódense visitar dúas exposicións sobre a Muralla e o pasado recente de Lugo no Uxío Novoneyra


# Domingo, 10/10/2010
“Cores da Historia en Lugo10” reúne obras de 30 artistas sobre a Muralla e “A Memoria da Cidade” amosa fotografías da cidade pertencentes ó Arquivo Municipal

Ata o día 15 de outubro pódense visitar as dúas mostras instaladas na Sala de Exposicións do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, que organiza a Concellería de Cultura: “Cores da Historia en Lugo10” e “A Memoria da Cidade”. Nos dous casos, a entrada é de balde e o horario de visita é de 16.00 a 21.00 horas.

“Cores da Historia en Lugo10” ofrece as distintas visións de 30 artistas plásticos sobre a Muralla Romana de Lugo. A mostra, da que é Comisario e promotor o artista lucense Lomarti reúne obras de Ismael Alonso, Sabela Arias, Blanca Besteiro, Blas Lourés, Quique Bordell, Manuel Carreira, Jorge Espiral, Ángel González Doreste, Antón Goyanes, Xoán Guerreiro, Labajjo Grandío, Mauro Leivas, Carmen Llonín, Lomarti, Ignacio López, Rebeca López, Jesús López Lázare, Ana Mazoy, Cristina Mejías, Jesús Otero Iglesias, Euloxio das Penas, Peña Romay, Noa Persán, Juan Miguel de Prada, Iván Prieto, Chus Rodríguez, María José Santiso, Orfilia Seixas, Vázquez Cereijo e Christian Villamide.

“A Memoria da Cidade” é unha exposición de fotografías do Arquivo Municipal correspondentes á colección Delgado Guisasola, que inclúe obras de distintos fotógrafos, nomeadamente de Salvador Castro Freire e Valentín Roldán, que foron dixitalizadas polos alumnos dunha escola obradoiro promovida polo Concello coa subvención da Consellería de Traballo. Esta mostra xa se puidera visitar o pasado verán pero debido ó grande interese histórico e artístico desta exposición abriuse de novo ó público coincidindo coas festas patronais.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova