Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo continúa na súa aposta polo cooperativismo


# Domingo, 10/10/2010
Este mes celébranse visitas a cooperativas, unhas xornadas e dous concursos de fotografía e deseño de imaxe corporativa

O Concello de Lugo pon en marcha varias iniciativas para promocionar o cooperativismo que van desde a celebración dunhas xornadas e visitas a cooperativas ata a convocatoria de dous concursos de fotografía e deseño de imaxe corporativa.

A Concellería de Economía e Emprego está a celebrar durante esta primeira quincena do mes de outubro visitas a distintas cooperativas. As actividades da Aula Emprendedora continuarán cunhas xornadas que terán lugar do 18 ó 22 deste mes para promover o coñecemento do cooperativismo, e nas que está previsto celebrar unha charla informativa adicada a alumnos de primaria e secundaria dos centros de ensino da cidade.

Ademais, o Concello ten convocado dous concursos para promocionar o cooperativismo, un de fotografía e outro de deseño da imaxe corporativa que agrupe a todas as cooperativas galegas. No caso deste último certame, débese incluír o deseño da marca corporativa con logotipo, nome e slogan. O prazo de presentación de propostas rematará o día 20 de outubro. Cada un dos concursos está dotado cun primeiro premio consistente nun ordenador portátil Netbook, un segundo que consiste nun disco duro multimedia e un terceiro que será un marco dixital con TDT.

As actividades rematarán o día 26 de outubro, data para a que está programada unha charla na que participarán representantes das cooperativas Milhulloa, Erica Mel e Comocabras que tamén ofrecerán unha degustación dos seus produtos. Os actos incluirán, ademais, a entrega dos premios dos concursos de fotografía e deseño de imaxe corporativa.

Actividades para o fomento do cooperativismo


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova