Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A organización agarda que o Pazo Universitario se encha no concerto que ofrecerá hoxe Joaquín Sabina nas festas do San Froilán


# Luns, 11/10/2010
A Concelleira de Cultura lembra que o Concello organiza este concerto en solitario

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleria de Cultura, Nuria Mundiña, e o representante da empresa Oide que organiza o concerto que ofrecerá Joaquín Sabina ás 22.00 horas no Pazo Universitario informaron esta mañá en rolda de prensa dos preparativos do espectáculo que organiza o Concello de Lugo dentro das festas do San Froilán.

O concerto será un éxito de público á vista das previsións que baralla a promotora do espectáculo que puxo á venda 6.000 entradas. O representante da empresa Oide, Abel Gallego, manifestou que “a venda de entradas vai moi ben, as taquillas abríronse ás 10.00 horas e xa había cola de xente agardando polo que penso que chegaremos ás 19.00 horas co aforo completo”. Tamén sinalou que “logo desta xira Vinagre e rosas o cantante probablemente pare un tempo e ten a idea de non volver facer grandes concertos”.

A Concelleira de Cultura lembrou que a actuación de Sabina en Lugo “é consecuencia en exclusiva do esforzo que fai o Concello que organizou en solitario este concerto, e polo tanto é froito do traballo feito desde o departamento de Cultura e do esforzo económico que fan os lucenses ó pagar os seus impostos”.

Neste sentido, o representante da promotora deulle as grazas ó Concello de Lugo e informou que ó concerto virá xente de toda Galicia e tamén doutros puntos de España xa que “vendemos entradas en Santander, Madrid e Barcelona, ademais doutros lugares de Galicia como Ribadeo ou Vigo”.

Este será o quinto concerto desta xira de Sabina en Lugo, que comezou hai un ano. Daquela actuara en Vigo e máis recentemente fíxoo en Santiago, A Coruña e Lalín. Co de hoxe calculase que terán visto este espectáculo unas 30.000 persoas.

www.sanfroilan.info

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova