Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Concello e Deputación impulsan a 1ª Feira Outlet de comerciantes exclusivamente da capital


# Luns, 11/10/2010
Desenvolverase do 15 ó 17 de outubro coa participación de 20 profesionais de zapatería, téxtil, xoiería, mercería, óptica, droguería e ata delicatessen con descontos de entre o 50% e o 70%

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, xunto á Presidenta da Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo, Nora Real, presentou este luns a primeira Feira Outlet de comerciantes exclusivamente lucenses que acollerá a capital dende o 15 ó 17 de outubro na céntrica praza Anxo Fernández Gómez sendo ademais, a primeira mostra destas características que se sitúa no centro da cidade. Lara Méndez subliñou que “impulsamos unha pioneira iniciativa na provincia co obxectivo de manter postos de traballo no sector do comercio. Por elo, dende a Deputación e Concello non dubidamos nin un só momento en tenderlle a man á Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo xa que temos que ser, máis ca nunca, útiles e estratéxicos para, sumando esforzos, afrontar ás dificultades económicas mantendo e creando emprego”

Esta iniciativa súmase ó Pacto Provincial polo Emprego, un proxecto cofinanciado nun 80% polo fondo social europeo co que o organismo provincial logrará insertar laboralmente a máis de 500 desempregados da provincia; ás pioneiras subvencións en España dirixidas ós autónomos de Lugo para as que a Deputación achegou preto de 1,5 millóns de euros; ou ó Km0, o programa medioambiental que contribúe a manter máis de 3.000 postos de traballo grazas á colaboración cos provedores da provincia: transportistas, artesáns, autónomos, traballadores de empresar de lecer ou aventura...

Pola súa banda, Nora Real explicou que o colectivo que preside levaba tempo intentando organizar unha Feira Outlet de comerciantes de Lugo, “proxecto que logramos facer realidade grazas ó apoio incondicional da Vicepresidenta Segunda e o Presidente da Deputación, e o Alcalde de Lugo. Estamos a traballar códavo con códavo para que sexan os comerciantes lucenses os que saquen os seus stocks antes ca ningunha outra firma garantindo, deste xeito, grandes beneficios. Este tipo de feiras funciona con moito éxito noutras provincias de España”.

En total, serán 20 profesionais que, en 25 expositores, porán á venda artigos de zapatería, téxtil, xoiería, mercería, óptica, droguería e ata delicatessen. Todos os produtos, de firmas moi variadas, terán descontos de entre o 50% e o 70%.

Inauguración e horarios
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e ó Acalde da cidade, José López Orozco, inaugurarán a Feira Outlet o vindeiro venres, 15 de outubro, ás 17:00 horas. A apertura ó público terá lugar ás 18:30 horas e ata ás 22:00 horas. Durante a fin de semana, 16 e 17 de outubro, o horario será: de 12:00 ás 14:30 horas, e de 16:30 ás 22:00 horas.

Os comerciantes que exporán os seus produtos son os seguintes: Chiqui, Mesalina, Copy Zapatos, Tintoretto, Abegonza, Montse Arias, Estela, Briti, Lencería Lilas, Chupete, Bebo y Beba, INPE, Dick & Paul, Droguería Romay, Metacrilato e artigos de regalo, Clamar Regalos, Estancos Santo Domingo, Torques Lugo, Óptica de la Torre, La Palloza.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova