Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Ministro de Xustiza visita a cidade con motivo do San Froilán


# Luns, 11/10/2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Lugo recibiu esta tarde a visita do Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, atendendo a invitación que lle cursou o Alcalde, José López Orozco, con motivo das festas do San Froilán.

O Ministro estivo no Concello, onde o recibiron o Alcalde, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e membros da corporación municipal, ademais doutras autoridades como o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe.

Logo de asinar no libro de honra da cidade, o Alcalde agradeceulle a o xesto que tivo coa cidade o Ministro o acudir ás festas do San Froilán e dixo que “Lugo é unha cidade segura, que cré en si mesma e enfronta o futuro con esperanza”. Tamén lle explicou que este ano Lugo festexa o décimo aniversario da declaración da nosa Muralla como Patrimonio Mundial, efeméride que se conmemora co programa Lugo10 “que ten por obxecto aumentar a nosa autoestima”.

O Ministro asegurou que “Lugo é un exemplo de sabedoría” e indicou que na provincia de Lugo “os tribunais que teñen máis carga de traballo son os de primeira instancia da cidade de Lugo” asunto polo que ten intención de poñerse en contacto coa Xunta “para ver qué se está facendo e cómo colaborar para solventalo”.
Tocante á súa visita á nosa cidade indicou que “ademais de desfrutar do San Froilán tamén é momento para sentir o pulso das autoridades e os cidadáns, tomar nota e facer os deberes”.

www.sanfroilan.info

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova