Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Visita a Lugo da Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril


# Martes, 12/10/2010


Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, acompañada doutros membros da corporación deulle a benvida ó Concello ós membros da Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril, que hoxe participan das festas do San Froilán.

O presidente desta Asociación, Fermín Avellaneda Vázquez, foi o encargado hoxe da apertura da Porta da Estación.

Logo deste acto co que comezaron as actividades desta xornada do programa de actos do San Froilán, os membros da Asociación efectuaron unha visita ó Concello. Alí a Concelleira de Cultura agradeceulles a súa presenza na cidade no último día das festas patronais de Lugo.

Nuria Mundiña tamén eloxiou o “discurso didáctico que pronunciou Fermín Avellaneda na apertura da Porta da Estación á que relacionou co Camiño de Santiago e as vías do ferrocarril, que teñen en común o ser todos eles medios para a comunicación”.

www.sanfroilan.info

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova