Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os premios do concurso "Un slogan para Lugo10"


# Mércores, 29/09/2010
A Concelleira de Cultura e o Concelleiro de Turismo e Deportes fixeron entrega dos premios no Centro de Interpretación da Muralla

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O concurso, celebrado a través das redes sociais, acadou un gran éxito de participación, con 97 propostas e 332 votos

O slogan gañador, “Lugo10, ¡de nota!” foi a proposta de Elena Iravedra, que recibiu un vale para unha cea na Tapería do Mesón de Alberto

Os dez slogans seleccionados polos usuarios recibiron unha botella conmemorativa do Décimo Aniversario e unha camiseta de Lugo10




A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, e o Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío, fixeron entrega onte, no Centro de Interpretación da Muralla, dos premios do concurso “Un slogan para Lugo10”. Esta iniciativa, incluída no programa Lugo10, que quere celebrar os dez anos da proclamación da Muralla como Patrimonio Mundial, acadou unha gran participación a través das redes sociais. Os concelleiros destacaron a calidade das propostas presentadas e a gran repercusión que está tendo o proxecto nas redes sociais, e animaron a todos a seguir participando nas diversas accións que se están levando a cabo dende o programa Lugo10.

O balance final, 97 propostas de slogans e un total de 332 votos que deron os dez finalistas, once neste caso xa que produciuse un empate entre os últimos votados. Despois, foron os patrocinadores e colaboradores de Lugo10 os encargados de elixir entre as propostas máis respaldadas polos internautas o slogan gañador dunha cea na Tapería do Mesón de Alberto, unha botella conmemorativa do Décimo Aniversario de Coca Cola e unha camiseta de Lugo10. “Lugo10, ¡de nota!” foi a proposta gañadora, presentada por Elena Iravedra.

As dez propostas máis votadas polos internautas foron:

- Por su pasado, su presente y su futuro. Lugo10
- Lo mires por donde lo mires, Lugo10
- Lugo10: Lo que era una antigüedad ahora es de la humanidad
- Para vivir... Lugo10


- Lugo10, ¡de nota!
- Si quieres vivir una aventura y descubrir grandes tesoros adéntrate en Lugo10
- Lugo10: Eche o que hai...
- A Lugo?? Son 10.000... razones para conocerla. Lugo10
- ¿Qué nota le pondrías al Paraiso? Aquí lo tienes: Lugo10
- Lugo10, una ciudad para vivir, para amar, para disfrutar
- GO 10! luGO 10!!


O gañador poderá disfrutar dunha Cea na tapería do Mesón de Alberto ofrecida por Lugo10, e ademais poderá ver con orgullo a súa frase como lema de peche deste programa Lugo10. O slogan ganador estará presente, entre outros sitios, na gala de peche deste Décimo Aniversario.


Patrocinadores Lugo10

Os patrocinadores de Lugo10, que elixiron o slogan gañador foron: Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, Gestagua, Telefónica, Urbaser, Calfensa, Laboratorios Nupel, Emetel, Cociñas Lareira, Transportes Valín e Hijos, Fundación Azkar, Asogal Construcciones, Monbus, ONCE, Coca Cola e MOD Producciones.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova