Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Satisfacción do Concello polo informe favorable de Cultura ó Plan Xeral de Ordenación Municipal


# Martes, 28/09/2010
Desque se recibiu o informe que é favorable con condicionantes, xa se traballa para levalo a pleno o antes posible e axilizar a súa aprobación definitiva

Imaxe Asociada
A Delegada de Urbanismo, María Novo, expresou hoxe a satisfacción do Concello polos informes favorables emitidos pola Consellería de Cultura respecto do PXOM e a modificación puntual do planeamento no Carme.

Novo manifestou que tan pronto se recibiron os dous informes que son favorables cunha serie de condicións xa se comezou traballar. “Desde onte mesmo, cando se recibiron os informes no Concello, os servizos técnicos municipais e o equipo redactor” que foi convocado de urxencia xa se comezou traballar para dar resposta o antes posible ós requirimentos da Consellería de Cultura.

Os condicionantes que lle pon Cultura ó planeamento urbanístico son de tres tipos, segundo detallou a Delegada de Urbanismo: de catalogación, como é o caso do Cuartel de San Fernando que foi declarado Ben de Interese Cultural despois da aprobación provisional do PXOM; os referidos ó Camiño de Santiago no que se incorporou o trazado seguindo as directrices da anterior Consellería de Cultura e agora pídese que se aplique a de 1997; e de normativa, neste caso Cultura pide que se faga referencia en cada caso ó articulado da lei que se aplica, algo que non se fixera por considerar que se había algún cambio na lexislación podería afectarlle ó planeamento.

A Delegada de Urbanismo lembrou que a Consellería dispoñía da documentación desde o mes de novembro do ano pasado e explicou que unha vez que estean feitos os cambios que plantexa Cultura, o seguinte paso será a aprobación polo pleno do Concello e, posteriormente, o envío novamente á Xunta, concretamente a Urbanismo que ten a competencia de aprobalo definitivamente nun prazo de tres meses.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova